Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Dereito: Lexislación turística
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de resposta curta Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas directas sobre un aspecto concreto. Os alumnos deben responder de xeito directo e breve sobre a base dos coñecementos que teñen sobre a materia. 60 A1
A2
A3
A4
A5
B8
B9
C1
C8
C13
D2
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas nas que os alumnos deben solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios, realizar probas tipo test, realizar e/ou expoñer un traballo sobre un tema determinado nun tempo/condicións establecido/as polo profesor, etc. 40 A1
A2
A3
A4
A5
B8
B9
B10
C12
D1
D2
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As
datas e horarios das probas de avaliación das diferentes
convocatorias serán as especificadas no calendario de probas de
avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2016-2017. 
En caso de conflito ou disparidade entre
as datas dos exames, prevalecerán as sinaladas na páxina web da FCETOU.


Primeira
oportunidade de exame


1.-
Ao inicio do curso, o/a alumno/a deberá manifestar a súa intención
de acollerse ao sistema de avaliación continua. A tal fin, os/as
profesores da materia proporcionaránlle un documento que o/a
alumno/a deberá cumprimentar e asinar nun determinado prazo.


2.-
O/a alumno/a que se acolla ao sistema de avaliación continua,
entregando o documento sinalado, será avaliado consonte os
criterios máis arriba indicados (distintas probas ao longo do curso
-40% da calificación- e proba final obxectiva -60%) e non
terá dereito a ser avaliado mediante exame final que
represente o 100% da calificación da materia.


3.-
O/a alumno/a que non asine dito documento non terá dereito a ser
avaliado consonte ao sistema de avaliación continua.
Avaliarase mediante unha proba final obxectiva que representará o
100% da súa calificación final.


Segunda
oportunidade de exame


1.- No
exame de xuño/xullo só se realizará unha proba final
obxectiva. Aos alumnos que se someterán ao  sistema
de avaliación continua conservaráselle a nota de dito sistema. Esto
è, se o/a alumno/a non aprobase a materia na primeira oportunidade
de exame, conservaríasellese a nota do proceso de avaliación
continua en xuño/xullo. Pero se non aprobase a materia nos
dous citados exames do curso académico, pasando a outro
diferente, tería obrigatoriamente que someterse de novo ao
proceso de avaliación continua e realizar a proba final
obxectiva.


Exame
fin de carreira 
Para o
exame de fin de carreira non se conservará a cualificación de
avaliación continua. O exame consistirá nunha proba final obxectiva
que que representará o 100% da súa calificación final.

NOTA IMPORTANTE:para aprobala materia o alumno deberá superar cada un dos tres bloques temáticos nos que se divide aquela. A calificación final corrrespondente a cada un dos bloques temáticos establecerase tendo en conta a obtida nas probas finais obxectivas e a correspondente ao sistema de avaliación continua, poren para que poidan compensarse entre si ambalas duas cualificacións, será necesario obter unha puntuación mínima de 3 sobre 10 na proba final obxectiva.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000