Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Economía: Introdución á economía
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2020_21
Materia Economía: Introdución á economía Código O04G240V01103
Titulación
Grao en Turismo
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 FB 1 1c
Lingua de impartición
#EnglishFriendly
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Economía aplicada
Coordinador/a
Molina Abraldes, Antonio
Pintos Clapés, Juan
Correo-e molina@uvigo.es
jpc@uvigo.es
Profesorado
Molina Abraldes, Antonio
Pintos Clapés, Juan
Web http://faitic.uvigo.es
Descrición xeral - A materia adecúase ó perfil profesional e académico ó contribuír á formación básica do alumno no campo da Economía, presente en numerosos aspectos no ámbito do desempeño profesional no sector turístico.

- A materia ten 6 créditos ECTS e posúe carácter obrigatorio. Cúrsase en 1º no 1º cuadrimestre. Inicia ó alumno nos aspectos económicos fundamentais, con especial atención ao sector turístico . Ten claramente unha relación de complementariedade con outras materias deste Grao, como por exemplo: Economía Aplicada ao Turismo, Planificación Pública do Desenvolvemento Turístico, Comercio internacional e Turismo ou Fiscalidade de Empresas Turísticas.

- Por unha banda, a materia analiza a conducta dos diversos axentes económicos que participan nos mercados. Por outra banda, presta atención ás principais variables macroeconómicas e ao impacto do Turismo nun contexto de economías abertas que participan no comercio internacional.

Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ó
profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés, b)
atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000