Guia docente 2019_20
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Competencias


Carácter CB Código Competencias Básicas
  CB1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
  CB2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
  CB3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
  CB4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado.
  CB5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Carácter CG Código Competencias Xerais
  CG1 Capacidade de análise e síntese
  CG2 Pensamento crítico e autocrítico
  CG3 Habilidades relacionadas co uso de aplicacións informáticas utilizadas na xestión empresarial
  CG4 Poder transmitir ideas, información, problemas e situacións ao público tanto especializado como non especializado
  CG5 Habilidades de comunicación oral e escrita
  CG6 Habilidades de comunicación a través de Internet e, dominio de ferramentas multimedia para a comunicación a distancia
  CG7 Ler e comunicarse en inglés como lingua estranxeira
  CG8 Comunicarse con fluidez no seu entorno, incluíndo competencias interpersoais de escoita activa, negociación, persuasión e presentación
  CG9 Capacidade de actuación eficaz dentro dun equipo de traballo
  CG10 Emitir informes de asesoramento sobre situacións concretas de empresas e mercados
  CG11 Redactar proxectos de xestión global ou de áreas funcionais da empresa
  CG12 Desenvolver as habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
  CG13 Capacidade de aprendizaxe e traballo autónomo
  CG14 Capacidade de aplicar os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos nun contexto académico especializado
Carácter CE Código Competencias Específicas
  CE1 Posuír e comprender coñecementos sobre as interrelacións existentes entre os distintos subsistemas que conforman o sistema empresarial
  CE2 Posuír e comprender coñecementos sobre as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais a respecto de como funciona a economía
  CE3 Posuír e comprender coñecementos sobre os aspectos internos, funcións e procesos das organizacións incluíndo a súa natureza, estrutura, goberno, operativa e dirección.
  CE4 Posuír e comprender coñecementos sobre o marco económico que regula as actividades empresariais, e a correspondente normativa
  CE5 Posuír e comprender coñecementos sobre a relación entre a empresa e o seu entorno avaliando a súa repercusión na estratexia, comportamento, xestión e sustentabilidade empresarial
  CE6 Posuír e comprender coñecementos sobre os distintos procesos, procedementos e prácticas de xestión empresarial
  CE7 Posuír e comprender coñecementos sobre as principais técnicas instrumentais aplicadas ao ámbito empresarial
  CE8 Aplicar os coñecementos adquiridos a futuras situacións profesionais e desenvolver competencias relacionadas coa elaboración e defensa de argumentos e resolución de problemas dentro da súa área de estudo
  CE9 Identificar a xeneralidade dos problemas económicos que se suscitan nas empresas, e saber utilizar os principais instrumentos existentes para a súa resolución
  CE10 Valorar, a partir dos rexistros relevantes de información, a situación e previsible evolución dunha empresa
  CE11 Tomar decisións estratéxicas utilizando diferentes tipos de modelos empresariais
  CE12 Solucionar de maneira eficaz problemas e tomar decisións utilizando métodos cuantitativos e cualitativos apropiados, incluíndo entre eles a identificación, formulación e solución dos problemas empresariais
  CE13 Mobilidade e adaptabilidade a entornos e situacións diferentes
  CE14 Elaborar os plans e políticas nas diferentes áreas funcionais das organizacións
  CE15 Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
  CE16 Habilidades na procura, identificación e interpretación de fontes de información económica relevante
Carácter CT Código Competencias Transversais
  CT1 Xestión persoal efectiva en termos de tempo, planificación e comportamento, motivación e iniciativa tanto individual como empresarial
  CT2 Capacidade de lideranza, incluíndo empatía co resto de persoas
  CT3 Responsabilidade e capacidade para asumir compromisos
  CT4 Compromiso ético no traballo
  CT5 Motivación pola calidade e mellora continua
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000