Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Técnicas operativas estatísticas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Consiste na realización, coa axuda do paquete estatístico R, de problemas sobre os contidos da materia 50 B1
B2
B13
B14
C9
C10
C12
C16
Sesión maxistral Consiste na realización de preguntas cortas ou test sobre os contidos teóricos da materia 50 B1
B2
B14
C7
C10
C12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua:

Parte práctica: Ao finalizar as prácticas referentes a cada tema, en horario de prácticas, farase unha proba co ordenador. Se a nota promedio é superior ou igual a 5 e as notas individuais chegan ao 3 entón a nota promedio é a nota da parte de prácticas.

Parte teórica: Ao finalizar o curso haberá unha proba tipo test/preguntas cortas. Altenativamente, os estudantes poden entregar un traballo ao finalizar cada tema, onde se apliquen as técnicas estatísticas do tema, sempre e cando a nota individual e promedio dos traballos acaden o 4. 

Para supera-la materia o alumno ten que acadar como mínimo un 4 na avaliación teórica (sobre 10) e un 5 na suma ponderada das duas notas. Soamente se conservará a nota de prácticas nas convocatorias do presente curso. O alumno ten dereito a avaliarse da parte de prácticas en calquera convocatoria oficial.

Haberá un sistema de avaliación alternativo para os alumnos que opten á avaliación non continua consistente nunha única
proba onde se avaliará os contidos expostos ao longo do curso. Consistirá na resolución de problemas teórico/prácticos
contando coa axuda do software estatístico R.

O sistema de avaliación da convocatoria de Xullo para todos os alumnos será o mesmo que o empregado na 1ª convocatoria
para os alumnos que optaron á avaliación non continua.


As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son
as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de
Centro para o curso 2016-17
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000