Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Xestión da innovación
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Avaliación continua ao longo das sesións presenciais do curso. Consiste na resolución, de maneira individual ou en grupo, de cuestións expostas, orientadas e supervisadas polo profesorado, sobre a materia.
Avaliarase a participación do alumnado e a comprensión da materia.
40 B1
B9
B10
C12
C16
D2
Traballo tutelado Avaliación do traballo de curso.
É preciso obter como mínimo un 5 sobre 10 na cualificación deste traballo.
30 B5
B9
B10
C16
D2
D5
Exame de preguntas obxectivas Exame a celebrar a final de curso, na data oficial establecida polo centro.
É preciso obter como mínimo un 5 sobre 10 nesta proba.
30 C5
C12
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
  • Primeira oportunidade (xaneiro):
    • Alternativa a) 
      • Avaliación continua segundo os criterios de avaliación arriba expostos. Enténdese que os estudantes que teñan algunha cualificación nalgunha das actividades obxecto de avaliación seguen a avaliación continua e optan, por tanto, por este sistema de avaliación.
    • Alternativa b)
      • So para os estudantes que non teñan seguido a avaliación continua. Exame global dos contidos da materia. A cualificación do exame será o 100% da nota final.
  • Segunda oportunidade (xuño-xullo):
    • Alternativa a)
      • Para os estudantes que teñan seguido a avaliación continua e non teñan superado o exame e/ou o traballo de curso. Poderán recuperar exame e/ou traballo suspendidos, na data oficial de xuño-xullo establecida para a avaliación da materia.
      • O alumnado que se atope nesta situación tería unha cualificación de suspenso na primeira oportunidade (xaneiro). A nota numérica que lle aparecería en actas na primeira oportunidade (xaneiro) sería a correspondente á media ponderada das diferentes probas de avaliación, e en caso de que a media dese aprobado, apareceríalle unha cualificación de 4,9.
    • Alternativa b) 
      • Exame global dos contidos da materia en xuño-xullo. A cualificación do exame será o 100% da nota.

Estrutura dos exames do 100% (Alternativas b):
    • Unha primeira
      parte de cuestións
      relativas a conceptos básicos da materia. Será necesario
      obter unha nota mínima (7 sobre 10) nesta parte da proba para poder realizar a
      seguinte parte.
    • Unha segunda
      parte consistente en cuestións de relacionamento,
      casos prácticos, exercicios, preguntas tipo tema, etc.

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2020-2021.

No caso de conflito ou disparidade entre datas dos exames prevalecerán as sinaladas na páxina web da FCETOU.

Observación importante:

Calquera evidencia de probas ou traballos plaxiados ou copiados suporá unha cualificación de suspenso na materia na convocatoria na que se detecte a copia ou plaxio.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000