Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Xestión da innovación
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
Esta guía contempla modificacións para os seguintes escenarios:

MODALIDADE MIXTA
As clases serán impartidas presencialmente e de forma on-line, a través de Campus Remoto e a plataforma Faitic, seguindo as directrices establecidas pola UVigo.
A metodoloxía e criterios de avaliación serán os recollidos nesta guía.

MODALIDADE NON PRESENCIAL
En caso de que non poda haber docencia presencial, realizaranse de modo on-line tanto as clases teóricas como as prácticas, a través de Campus Remoto e da plataforma Faitic, seguindo as directrices establecidas pola UVigo.
Respetaranse a metodoloxía e avaliación recollidas nesta guía.

Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
A atención ao alumnado realizarase a través de comunicacións por e-mail e por videoconferencia (campus remoto da UVigo). Para a realización de videoconferencias será necesario acordar previamente a cita entre docente e alumno/a.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000