Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Socioloxía do traballo
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de tipo test Probas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de respostas. 50 B1
B2
B5
D3
D4
D5
Probas de resposta curta Preguntas de razoamento ou sobre conceptos da materia. Realizaranse dúas probas ao longo do cuadrimestre, eliminatorias de materia, máis unha proba final 50 B1
B2
B5
B8
B9
D3
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A descrición desta guía está pensada para a modalidade presencial. Terán dereito a realizar os parciais eliminatorios de materia, aqueles que acudan habitualmente a clase (asistencia ao 80% das clases como mínimo). A cualificación final en avaliación continua será a media das notas obtidas nas probas parciais e o exame final.Os alumnos que non acudan a clase, terán opción a unha proba final con toda a materia. As probas tanto parciais como a final, consistirán nunha combinación de preguntas tipo test e preguntas de resposta curta.As notas dos parciais non se gardan dunha convocatoria a outra.As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobada pola Xunta de Centro para o curso 2016-2017.
No caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames prevalecerán as sinaladas na páxina web da FCETOU.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000