Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Auditoría
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Realización de traballos ou problemas por parte do alumnado 15 B1
B5
B10
B13
C8
C16
D1
Resolución de problemas Realización ao final do cuadrimestre dun exame/proba práctico dos contidos da materia 40 B1
B5
C6
C8
C16
Resolución de problemas de forma autónoma Probas diversas sobre cuestións concretas para avaliar o grao de comprensión da materia e no seu caso, expor accións de mellora 45 C6
C8
C16
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O método de avaliación exposto no punto anterior é para a avaliación continua. A puntuación obtenida a través da avaliación continua se aplicará exclusivamente ás convocatorias correspondentes ao curso académico no que se realicen. O criterio de avaliación se manterá en todas as convocatorias, sexan ordinarias ou extraordinarias.
Avaliación non continua: na convocatoria de maio e/ou xullo deberase realizar un exame sobre todos os contidos da materia, 100% da materia (valor 10 puntos). Esta proba será de carácter teórico e práctico. Nas probas finais estipuladas no calendario de exames publicado oficialmente polo Decanato do centro (xaneiero e xuño/xullo), tanto para a avaliación continua como para a avaliación non continua, poderase exixir unha nota mínima na/s parte/s que conforma/n o examen para poder compensar, ben co resto das avaliaciones da materia no caso da avaliación continua, ou ben, co resto das partes que conforman o exame no caso da avaliación non continua. Polo tanto, se non se obtén a/s nota/s mínima/s especificada/s na/s proba/s, a nota final no acta correspondente será de suspenso.
O alumnado poderá optar entre avaliación continua a través de exames/probas parciais (100% nota final), ou de maneira alternativa, avaliación global de toda a materia nos exames finais das convocatorias oficiais (100% nota final).
Na convocatoria de fin de carreira, o exame suporá o 100% da cualificación.
A aplicación concreta das metodoloxías de avaliación continua pode diferir entre centros que imparten o Grao de Administración e Dirección de Empresas da Universidade de Vigo, debido ás particularidades de cada un deles. Así mesmo, estas metodoloxías son de aprendizaxe e deben servir para axudar a preparar o exame final.

As probas de avaliación se prevén para unha modalidade presencial. Nembargantes,
chegado o momento da súa realización ante a imposibilidade de dispor dos espazos
e/ou profesorado necesario para realizar as mesmas, estas poderíanse realizar
de forma non presencial, ben a través dos distintos recursos telemáticos dispoñibles
na Uvigo (plataforma Faitic), correo electrónico ou no seu caso, mediante probas
de forma oral.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000