Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Decisións de financiamento
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas con apoio das TIC Resolución dunha proba práctica ao final do cuadrimestre de maneira individual en ordenador sobre contidos desenvolvidos na materia. 10 B1
B3
B13
B14
C8
C12
C15
D5
Exame de preguntas obxectivas Resolución dunha proba ao final do cuadrimestre en relación cos coñecementos teórico-prácticos adquiridos, mediante cuestionario de preguntas obxectivas. 30 B1
B2
C1
C2
C6
C7
D5
Exame de preguntas de desenvolvemento Resolución de probas ao longo do cuadrimestre sobre a parte práctica da materia. 60 B1
B2
B10
B13
B14
C1
C2
C6
C7
C8
C12
C15
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O método de avaliación exposto no
punto anterior é para a avaliación continua.
Para a avaliación continua a nota obtida polo alumnado nas distintas probas de avaliación
continua, se gardarán para a convocatoria de xullo. O alumnado que segue a avaliación
continua deberá presentarse a todas as probas de avaliación continua
especificadas, nas cales poderase exixir un mínimo en cada unha para consideralas
superadas. Se o alumno non obtén o mínimo especificado na proba final do
"Exame de preguntas obxectivas", non poderá compensar co resto das probas
realizadas na materia, polo tanto, a súa nota no acta será de suspenso e pola
nota obtida no citado exame de preguntas obxectivas. Avaliación non continua:
deberase realizar ao final do cuadrimestre un exame teórico-práctico sobre
todos os contidos da materia, 100% da materia (valor 10 puntos). Poderase exixir
un mínimo en cada unha das partes que conformen o exame. Polo tanto, se o
alumno non obtén o mínimo especificado en cada unha das partes a súa nota no acta
será de suspenso. Parte deste exame poderase realizar en ordenador. O alumnado
poderá optar entre avaliación continua a través das probas parciais (100% nota
final), ou de maneira alternativa, avaliación global de toda a materia nos exames
finais das convocatorias oficiais (100% nota final). Na convocatoria de fin de
carreira, o exame suporá o 100% da cualificación. As diferenzas entre sistemas
de avaliación e metodoloxías entre os distintos centros que imparten o Grao en
Administración e Dirección de Empresas na Universidade de Vigo, xustifícanse pola
necesaria adaptación na medición da consecución dos mesmos resultados de aprendizaxe
e adquisición de iguais competencias ás diferentes organizacións docentes de
cada centro, especialmente en cuanto ao tipo de grupos, e número medio de
alumnado por grupo.

As probas de avaliación se prevén para unha modalidade presencial. Nembargantes,
chegado o momento da súa realización ante a imposibilidade de dispor dos espazos
e/ou profesorado necesario para realizar as mesmas, estas poderíanse realizar
de forma non presencial, ben a través dos distintos recursos telemáticos dispoñibles
na Uvigo (plataforma Faitic), correo electrónico ou no seu caso, mediante probas
de forma oral.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000