Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Dirección comercial I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Sesión maxistral Pode ser obxecto de avaliación calquera actividade realizada na aula. 10 C6
C14
Resolución de problemas e/ou exercicios Avalíase a capacidade do estudante para aplicar os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos e a comunicación oral e escrita. 30 B1
B5
C6
C14
D3
Probas de tipo test Probas de avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas tipo test, preguntas verdadeiro/falso ou preguntas de resposta curta. 60 B1
C6
C14
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os estudantes de avaliación continua para superar a materia teñen que cumprir dúas condicións: (1) obter unha puntuación mínima de 5 puntos no conxunto das probas a avaliar e (2) obter como mínimo 2 puntos sobre 6 en próbaa tipo test. A puntuación obtida pola participación así como a realización e entrega de todas aquelas tarefas establecidas polo docente (casos, exercicios, supostos, exposicións, memorias, …), mantense nas convocatorias de maio e xullo do curso académico en vigor pero NON se gardará para cursos sucesivos. Os alumnos que non poidan seguir a avaliación continua serán examinados mediante unha proba escrita valorada sobre 10 puntos, que non necesariamente coincidirá coa do resto dos alumnos.
A concreción das actividades a realizar dependerá en gran medida do número de estudantes, medios para traballar en grupo, etc

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes
convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación
aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2016-2017. No
caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames
prevalecerán as sinaladas na páxina web da facultade.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000