Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Contabilidade financeira II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminarios
Realización dunha proba escrita sobre a materia explicada
60 A2
A3
A4
A5
B5
B13
B14
C4
C6
C7
C12
C16
D3
D4
D5
Prácticas en aulas de informática Valoración do coñecemento dun programa informático de contabilidade, mediante a realización dun traballo. 10 B1
B3
B5
B9
D5
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. realización dunha proba escrita sobre a materia explicada 30 A2
A3
B1
B9
B10
C10
D3
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación continua consta de dúas probas escritas que se farán ao longo do cuadrimestre e da valoración das prácticas na aula de informática. Para superar estas probas é necesario alcanzar en cada unha delas unha puntuación de 5 sobre 10. Estas probas supoñen o 90% da nota. Ademais valorarase cun 10% sobre a nota final o coñecemento adquirido sobre o programa de computador (actitude en clase e traballo).

Considérase que un alumno está en avaliación continua se se presenta a algunha das probas parciais e presenta o traballo requirido na data sinalada.

Se un estudante suspende algunha das dúas probas parciais expostas, poderase presentar á convocatoria oficial de maio coa/s parte/s non superada/s ou de xuño onde se lle examinará da totalidade da materia.

Aqueles estudantes que optasen pola avaliación continua, en maio serán avaliados polas notas obtidas nos exames realizados (90%) e a valoración do coñecementos adquiridos sobre o programa informático (10%). Se non seguiu a avaliación continua será cualificado coa nota que sacase no exame.

En xuño o estudante será avaliado unicamente coa nota que obteña no exame

As
datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias
son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta
de Centro para o curso 2016-2017.

En caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames prevalecerán as sinaladas na páxina web da FCETOU.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000