Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Econometría
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas A avaliación neste contexto pode consistir na entrega de exercicios resoltos, exposición de exercicios na pizarra, traballos, etc. 20 B1
B2
B5
B13
C7
C12
D3
Prácticas de laboratorio A avaliación neste contexto pode consistir na entrega de supostos resoltos, exposición de supostos no laboratorio, traballos, etc. 30 B1
B2
B5
B13
C7
C12
D3
Exame de preguntas obxectivas A avaliación neste contexto consistirá en preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta. 50 B1
B2
B13
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O exame de preguntas obxectivas poderá segmentarse mediante probas parciais.

- Para a edición de xaneiro haberá dúas formas de avaliación:

Opción A: consistirá no sistema de avaliación continua que se acaba de expoñer. Entenderase que o alumno se acolle a este sistema de avaliación continua cando se presente a algunha das metodoloxías/probas de avaliación descritas. Anunciarase a principio de curso un cronograma donde aparecen as datas das distintas probas de avaliación continua.

Se poderá establecer unha nota mínima no exame de preguntas obxectivas para poder supera-la asignatura.

Os alumnos que se acollan ao sistema de avaliación continua terán a obriga de colocar unha fotografía tipo carné en Faitic antes da primeira proba de avaliación e de acceder regularmente á plataforma de teledocencia para estar así ao corrente das novedades que se produzan.

Opción B: O estudante que non se acolla o sistema de avaliación continua será avaliado mediante a realización dun exame final do 100% da nota na data oficialmente establecida.

- Para a edición de xullo a avaliación consistirá na realización dun exame do 100% da nota na data oficialmente establecida.

- Na convocaria de Fin de Carreira a avaliación consistirá na realización dun exame do 100% da nota na data oficialmente establecida.

Tanto para a edición de xullo como para a convocatoria de Fin de Carreira, tanto as competencias avaliadas coma os resultados do aprendizaxe serán os mesmos que para a edición de xaneiro.

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2020-21.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000