Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Dirección de operacións
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Probas nas que o alumno debe solucionar unha serie de casos e problemas nun tempo e condicións establecidos polo profesor. Desta maneira, o alumno debe aplicar os coñecementos que adquiriu.
A demostración das competencias adquiridas en cada actividade levarase a cabo durante o período lectivo.
10 B1
B2
B10
B11
B13
B14
C6
C12
D5
Resolución de problemas Probas nas que o alumno debe solucionar unha serie de problemas e exercicios nun tempo e condicións establecidos polo profesor. Desta maneira, o alumno debe aplicar os coñecementos que adquiriu.
A demostración das competencias adquiridas en cada actividade levarase a cabo durante o período lectivo.
20 B1
B2
B10
B11
B13
B14
C6
C12
D5
Traballo tutelado Entrevistas que o alumno mantén co profesorado da materia para asesoramento/desenvolvemento de actividades da materia e do proceso de aprendizaxe.
Correspóndense fundamentalmente coas horas prácticas da materia recollidas nos grupos pequenos.
20 B1
B2
B10
B11
B13
B14
C6
C12
D5
Exame de preguntas obxectivas Probas que avalían o coñecemento que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos/as
seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades ou escriben a reposta correcta.
50 B1
B2
B10
B11
B13
B14
C6
C12
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O conxunto de probas especificado arriba constitúe o sistema de avaliación continua. Para superar a avaliación continua será obrigatorio a realización dos traballos e de todas as probas citadas anteriormente. Para que as probas de avaliación, sexan tidas en conta na nota final da materia, o alumno debe obter en cada proba ou conxunto de probas como mínimo o 50% do valor asignado a ditas probas.

O resultado da avaliación expresaráse unha escala de 0 a 10 puntos. No caso de superar o exame final, a nota final da materia resultará da suma da
nota acadada no exame e das notas dos traballos realizados nas
prácticas e as actividades presenciais. No caso de non superar o exame final, a nota final da materia será a
resultante de expresar a nota de dito exame nunha escala de 10 puntos. Para superar a materia é necesario acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10 na materia.

Para aqueles alumnos que non podan realizar as tarefas asociadas á avaliación continua, o sistema de avaliación será unha proba global de toda a materia que valerá o 100% da nota.

Condutas inadecuadas, contrarias e prexudiciais á convivencia e á súa corrección, poderán ser sancionadas coa perda do dereito á avaliación continua por parte do estudante responsable.

Calquera evidencia de traballos e probas plaxiados ou copiados suporá unha cualificación de suspenso en todas as convocatorias do curso académico.

IMPORTANTE: As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes
convocatorias son as especificadas no calendario de probas de
avaliación aprobado pola Xunta de Centro da Facultade de CC. Empresariais e Turismo para o presente curso académico. Non obstante, o calendario pode ser modificado ó longo do curso por
algún imprevisto. Consulten a páxina web da Facultade por se hai cambios no mesmo. No caso de conflito ou
disparidade entre as datas dos exames, prevalecerán as sinaladas na páxina web da Facultade (http://fcetou.uvigo.es/index.php/gl/exames).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000