Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Dirección de operacións
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante.
Estudo de casos Análise dun feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución.

O estudante, de maneira individual ou en grupo, realizará tarefas de procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción, aplicación de métodos e ferramentas de solución de problemas,... relacionados coa estratexia de operacións.
Flipped Learning Algunhas actividades de aprendizaxe realizaranse fora da aula, e coa presenza do docente facilitaránse e potenciaránse outros procesos de adquisición e practica de coñecementos.
Resolución de problemas Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno/a debe desenvolver as solucións axeitadas ou correctas mediante a exercitación de rutinas, a aplicación de fórmulas, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados.
Traballo tutelado Reunións que o alumno mantén co profesorado da materia para asesoramento, desenvolvemento e supervisión de actividades da materia e do proceso de aprendizaxe.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000