Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Estatística: Estatística
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Realización de probas tipo test de cada tema. 20 B13
B14
C7
C9
C10
C12
D3
D4
D5
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas de avaliación da materia 40 B1
B2
B13
B14
C7
C9
C10
C12
C16
D3
D4
Resolución de problemas e/ou exercicios Realización de probas sobre as prácticas 40 B3
B13
B14
C7
C9
C10
C12
C16
D3
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Ao comenzo do curso o estudante deberá decidir o seu método de avaliación entre os seguintes:

  • AVALIACIÓN CONTINUA: tendo en conta que:
    • As actividades e probas realizadas ao longo do curso constituiran o 100% da nota final.
    • Aqueles estudantes que non alcancen unha nota final igual ou superior a 5 ptos. (sobre 10) terán a obriga de ir a un exame final onde serán avaliados de acordo ao tipo de avaliación non continua.
    • Poderanse implementar metodoloxías alternativas para determinar se o estudante pode ou non seguir coa avaliación continua.
  • AVALIACIÓN NON CONTINUA: Este sistema está pensado para aquel estudante que non pode asistir a clase ou ás actividades desenvolvidas ao longo do curso. Constará dun exame final con duas partes: unha parte de exercicios e outra de teoría e práctica con computador.

As actividades de evaluación a realizar dependerán do número de estudantes, medios para traballar, etc. O estudante estará correspondentemente informado de calquera cambio que se puidese producir debido a situacións imprevistas.

Aquel estudante que utilice ou coopere en procedementos fraudulentos (copiar, presentarse por outro alumno, plaxio, ... ) nalgunha das actividades de avaliación terá unha calificación final de suspenso neste curso académico. Este feito lle será comunicado a autoridade competente para que tome as correspondentes accións disciplinarias que considere oportunas

As datas e horarios das probas de avaliación dos diferentes períodos son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobados pola Xunta de Centro para o curso 2020-21. En caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames prevalecerán os indicados na web da FCETOU
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000