Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Empresa: Xestión de empresas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Avaliación continua ao longo das sesións presenciais do curso. Consiste na resolución, de maneira individual ou en grupo, de cuestións expostas, orientadas e supervisadas polo profesorado, sobre a materia. Avaliarase a participación do alumnado e a comprensión da materia. 40 B1
B2
B3
B5
B7
B8
B9
B13
B14
C5
C6
C7
C8
C9
C10
C12
D1
D2
D3
D4
D5
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba/s para avaliar a adquisición e comprensión dos conceptos, así como a aplicación dos coñecementos adquiridos para a resolución e interpretación de problemas e situacións no ámbito empresarial.
Esta/s proba/s poderán consisitir en cuestións test, exercicios, resolucións de casos prácticos e/ou preguntas de razoamento.

É preciso obter como mínimo un 5 sobre 10 en cada un dos exames que se realicen.
60 B5
B12
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
C12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Primeira oportunidade (maio):

Alternativa a)

Avaliación continua segundo os criterios de avaliación arriba expostos. Enténdese que os estudantes que teñan algunha cualificación nalgunha das actividades obxecto de avaliación seguen a avaliación continua e optan, por tanto, por este sistema de avaliación.

Alternativa b)

Só para os estudantes que non teñan seguido a avaliación continua. Exame global dos contidos da materia. A cualificación do exame será o 100% da nota final.

Segunda oportunidade (xuño-xullo):

Alternativa a)

Só para os estudantes que teñan seguido a avaliación continua e non teñan superado algún exame. Estes exames poderán recuperarse na data oficial de xuño-xullo establecida para a avaliación da materia.

O alumnado que se atope nesta situación tería unha cualificación de suspenso na primeira oportunidade (maio). A nota numérica que lle aparecería en actas na primeira oportunidade (maio) sería a correspondente á media ponderada das diferentes probas de avaliación, e en caso de que a media dese aprobado, apareceríalle unha cualificación de 4,9.

Alternativa b)

Exame global dos contidos da materia na data oficial de xuño-xullo. A cualificación do exame será o 100% da nota.


Estrutura dos exames do 100% (Alternativas b):

    • Unha primeira parte de cuestións relativas a conceptos básicos da materia. Será necesario obter unha nota mínima (7 sobre 10) nesta parte da proba para poder realizar a seguinte parte.
    • Unha segunda parte consistente en cuestións de relacionamento, casos prácticos, exercicios, preguntas tipo tema, etc.

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2020-2021.

No caso de conflito ou disparidade entre datas dos exames prevalecerán as sinaladas na páxina web da FCETOU.


Observación importante:

Calquera evidencia de probas ou traballos plaxiados ou copiados suporá unha cualificación de suspenso na materia na convocatoria na que se detecte a copia ou plaxio.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000