Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Empresa: Matemática das operacións financeiras
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Realizaranse pequenas probas grupales ou de carácter individual para a avaliación das competencias apuntadas. 10 B13
C16
D3
D4
D5
Resolución de problemas e/ou exercicios Preguntas cortas ou tipo test teórico-prácticas da materia. 40 B13
C7
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución dunha proba escrita presencial ao final do cuadrimestre, sobre a adquisición de competencias e destrezas na práctica. 50 B1
B2
C9
C12
C13
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Primeira convocatoria:

Os alumnos poderán optar alternativamente por seguir
dous tipos de avaliación: continua ou non continua.

Avaliación continua, composta polo conxunto das dúas probas
seguintes:

1.- Probas descritas obxecto de avaliación
que configurarán o 50% da nota. A non asistencia a algunha destas probas suporá a obtención dun cero na devandita proba e non poderá ser recuperada.
Para a segunda convocatoria, de presentarse, se manterá a calificación
destas probas.

2.- Exame escrito de carácter práctico, que configura o 50% restante
da nota. Este se celebrará ao final do cuadrimestre.

Adicionalmente, poderá valorarse ata 1 punto a participación activa na clase mediante a resolución de exercicios na pizarra ou noutras actividades académicas consideradas pola docente.

Avaliación non continua:

Para alumnos que non seguiron a avaliación continua durante o curso ou que seguíndoa deciden renunciar á mesma e presentarse por esta opción. Neste caso, na segunda convocatoria, deberán tamén presentarse por avaliación non continua. Serán avaliados cun exame de carácter global, valorado sobre 10 puntos,
sobre os coñecementos de todos os contidos teóricos da materia,
destrezas na práctica e adaptación ás novas situacións.

 

Segunda convocatoria:

Para alumnos que seguiron a avaliación continua:

Poderán presentarse outra vez a un exame práctico que configura o 50% da nota,
manteñéndose a calificación das notas obtidas nos test e gps que
configuran o outro 50%.

Para alumnos que non seguiron a avaliación continua:

Serán avaliados cun exame de carácter global, valorado sobre 10 puntos,
sobre os coñecementos de todos os contidos teóricos da materia,
destrezas na práctica e adaptación ás novas situacións.

As datas e horarios das probas de avaliación son as especificadas no
calendario de probas de avaliación aprobadas pola Xunta de Facultade para o curso actual.

As probas de avaliación se prevén para unha modalidade presencial. Nembargantes,
chegado o momento da súa realización ante a imposibilidade de dispor dos espazos
e/ou profesorado necesario para realizar as mesmas, estas poderíanse realizar
de forma non presencial, ben a través dos distintos recursos telemáticos dispoñibles
na Uvigo (plataforma Faitic), correo electrónico ou no seu caso, mediante probas
de forma oral.



Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000