Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Economía: Economía española e mundial
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Prácticas de laboratorio As prácticas de laboratorio forman parte das Actividades Básicas. En cada unha delas o alumnado realizará un exercicio no que deberá aprender a manexar información para o estudo da economía mundial e de España.
Con ditos exercicios o estudantado aprenderá a organizar a información e a sintetizar os datos en
indicadores relevantes (PIB, poboación, PIB per cápita, coeficiente de apertura, taxa de actividade, taxa de desemprego, gasto público, produtividade etc.). Iso esixirá a realización de cálculos (taxas de variación, números índice, actualización de variables monetarias, taxas de participación), a súa representación e análise.
Tamén é posible a realización de outras actividades prácticas.
Debates Neste Centro, proporáselle ao alumno un conxunto de lecturas. Cada lectura está relacionada con cada un dos temas do Programa. Posteriormente, haberá unha sesión presencial para o Debate aberto na aula ó redor dos contidos das lecturas propostas.
Sesión maxistral As sesións maxistrais forman parte das Actividades Básicas da Materia. En cada unha das sesións, o profesorado desenvolverá os contidos do Programa. Tomárase como punto de partida as preguntas destacadas en cada un dos temas, así como os resultados e conclusións que se vaian acadando simultaneamente nas outras actividades docentes relacionadas co tema.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000