Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Matemáticas: Matemáticas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno debe desenvolver as solucións axeitadas ou correctas mediante a exercitación de rutinas, a aplicación de fórmulas ou algoritmos, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados. Adóitase utilizar como complemento da lección maxistral. Ningunha das probas superará o 40% da nota final. 60 B1
B5
B6
B14
C7
C12
0
Resolución de problemas de forma autónoma 0
Lección maxistral 0
0
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame final 40 B1
B5
B6
B14
C7
C12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A nota final do curso será a suma da nota obtida polo traballo e probas realizadas durante o curso (avaliación continua) cunha ponderación do 60% sobre o total, e da nota obtida no exame final, cunha ponderación do 40% do total. No caso de non superar a materia na primeira convocatoria, a nota obtida polo traballo ao longo do curso manterase para a segunda convocatoria. Os puntos da avaliación continua obteranse por: participación nas clases, probas curtas realizadas nas clases de grupos pequenos ao longo do curso e/ou traballos propostos.

O prazo para mudar de avaliación contínua a global é do 11 de setembro a 11 de outubro de 2023.

A proba de avaliación global e a proba de segunda oportunidade consistirán en exercicios similares aos da avaliación continua.

No exame de Segunda Oportunidade e na Evaluación Global evalúase o 100% da nota.

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2023-24. No caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames prevalecerán as sinaladas na páxina web da FCETOU.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000