Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Matemáticas: Matemáticas
   Plan de Continxencias
 
Descrición
A nota final do curso será a suma da nota obtida polo traballo e probas realizadas durante o curso (avaliación continua) cunha ponderación do 80% sobre o total, e da nota obtida no exame final, cunha ponderación do 20% do total. No caso de non superar a materia na primeira convocatoria, a nota obtida polo traballo ao longo do curso manterase para a segunda convocatoria. Os puntos da avaliación continua obteranse por: participación nas clases, probas curtas realizadas nas clases de grupos pequenos ao longo do curso e/ou traballos propostos.

Ademais, haberá atención persoalizada nos despachos virtuais ou noutros medios virtuais que a Universidade dispoña.

Tamén contemplarase a realización de traballos en grupo.

Fomentarase que o alumnado comparta material de elaboración propia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000