Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Empresa: Fundamentos de administración
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===

* Metodoloxías de ensino: as metodoloxías incluídas na guía para ensinar a materia na modalidade presencial (clase maxistral e estudo de caso) mantéñense se a materia se imparte tanto na modalidade mixta como non presencial. No caso da modalidade non presencial, a actividade docente impartirase a través do Campus Remoto da uvigo e a plataforma Faitic utilizarase como é habitual para proporcionar o material necesario aos estudantes.
* Mecanismo non presencial de atención do alumnado (titorías): en todas as modalidades, presenciais ou non presenciais, as sesións de titoría realizaranse por medios telemáticos (correo electrónico, videoconferencia) baixo a modalidade de acordo previo.
* Bibliografía adicional para facilitar a autoaprendizaxe: facilitarase a través da plataforma de teledocencia Faitic.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
- Mantense a avaliación contida na guía para a modalidade presencial.
- As probas realizaranse de xeito non presencial (en liña) a través das plataformas que a universidade habilita para este fin.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000