Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Economía: Microeconomía
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Resolución de problemas Nas clases prácticas resolveranse exercicios que se lle proporcionarán aos alumnos con antelación para que os resolvan antes da clase. Dese modo poderán identificar aquelas cuestións que lles resultan máis difíciles e poderán dirimir as súas dúbidas en clase. Tamén se realizará o seguimento da aprendizaxe dos estudantes mediante pequenas probas e exercicios que terán que realizar e/ou entregar.
Seminario Nos seminarios, en grupos reducidos, efectuaranse diversas actividades dirixidas a afianzar os coñecementos adquiridos polo estudiantado nas clases teóricas e prácticas.
Lección maxistral Nas clases teóricas exporanse os contidos dos distintos temas, desenvolvendo con máis detalle os puntos de maior complexidade. Para un adecuado seguimento e comprensión das clases é necesario que os alumnos lean con antelación a bibliografía básica recomendada para cada un dos temas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000