Guia docente 2014_15
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Estructura dos estudos

4. Planificación do ensino

De acordo co marco normativo e comezando polo artigo 12.2 Real Decreto 1393/2007, os plans de estudos encamiñados á obtención do Grao "terán 240 créditos, que conterán toda a formación teórica e práctica que o estudante deba adquirir: aspectos básicos da rama de coñecemento, materias obrigatorias ou optativas, seminarios, prácticas externas, traballos dirixidos, traballo de fin de grao ou outras actividades formativas". Dentro deste esquema, existen constricciones ulteriores. De acordo co disposto na normativa autonómica e universitaria, a organización dos estudos farase por cuadrimestres, sen que poidan existir materias anuais. O debuxo do esquema ordénase, por tanto, ao redor de oito cuadrimestres, a razón de 30 créditos ECTS por cada un deles. O documento de traballo da Universidade de Vigo matiza, ademais, que as materias deben ser necesariamente cuadrimestrais e ter un mínimo de 6 créditos, que poderá incrementarse en múltiplos de 3.

En canto á secuencia, o Real Decreto entende que, dentro de cada Rama de coñecemento, existen contidos de formación básica (aspectos básicos da rama de coñecemento), comúns a todas as materias alí adscritas, cuxa adquisición permitirá ao estudante moverse entre as mesmas. Concretamente, trátase de 60 créditos ECTS, que han de residenciarse nos dous primeiros anos do Título, onde a transversalidade ten que imperar. Os restantes créditos, 180, deben organizarse en materias obrigatorias e optativas. De acordo coas Liñas xerais presentadas polo Consello Galego de Universidades, a optatividade non pode superar un 15% dos 240 créditos que compoñen o Grao, isto é, 36. E, dentro das mesmas Liñas suxírese que a optatividade concéntrese nos últimos cursos, a efectos de favorecer certa especialización do alumnado. Para completar a secuencia, o artigo 12.7 Real Decreto 1393/2007 impón a realización dun Traballo de Fin de Grao, ao que se dedicará entre 6 e 30 créditos ECTS.

Planificación do ensino: https://sede.educacion.gob.es/cid/126936971247477908575908.pdf

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000