Guia docente 2023_24
Facultad de Derecho
Grao en Dereito
 Materias
  Litigación internacional e sostibilidade
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
A3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
A4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado.
A5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B1 Coñecer a función do Dereito como sistema regulador das relacións sociais.
B2 Coñecer as distintas manifestacións do Dereito na súa evolución histórica e na súa realidade actual
B4 Ser capaz de identificar problemas xurídicos e abordar a súa solución de modo interdisciplinar
C48 CEI 1 - Comprender e coñecer o conxunto normativo internacional da sustentabilidade composto por convenios e por regulación ou formularios promovidos por organizacións non gobernamentais.
C49 CEI 2- Ser capaz de identificar os problemas xurídicos propios do Dereito internacional do desenvolvemento sustentable, abordando a súa solución de modo interdisciplinar, así como ser capaz de interpretar e analizar críticamente os aspectos xurídico-técnicos propios da litigación internacional.
D1 Capacidade de análise e síntese para a elaboración e defensa de argumentos, así como, organización, planificación e utilización do tempo ante situacións de presión.
D2 Uso de linguas estranxeiras nas actividades das diferentes materias.
D5 Ser capaz de resolver problemas e interpretar datos derivados da realidade en relación co seu significado e relacionalos coas distintas ramas do ordenamento xurídico.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000