Guia docente 2017_18
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito tributario da Unión Europea e internacional
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de resposta curta Proba final escrita que representa o 20% da nota para as/os alumnas/os que se sometan a avaliación continua.
Quen, despois de someterse ao sistema de avaliación continua, obtivese nesta última unha nota final mínima de 5 sobre 10 non estará obrigado a realizar a proba final escrita de resposta curta como requisito necesario para superar a materia.
Para as/os alumnas/os que NON se sometan ao sistema de avaliación continua, a proba final escrita de resposta curta representa o 100% da súa nota.
Resultado de aprendizaxe: Coñecer, interpretar e aplicar as normas reguladoras do Dereito tributario da Unión Europea e internacional
20 A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
C67
C68
D1
D3
D4
D5
Probas de tipo test Probas de avaliación continua previstas, exclusivamente, para as/os alumnas/os que se sometan a este sistema de avaliación. A nota media dos distintos exames tipo test constituirá para ditas/os alumnas/os o 70% da súa nota final.
Resultado de aprendizaxe: Coñecer, interpretar e aplicar as normas reguladoras do Dereito tributario da Unión Europea e internacional
70 A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
C67
C68
D1
D3
D4
D5
Outras Nos "Seminarios" das clases presenciais tamén se proporá ao alumnado a realización de distintas actividades: casos prácticos, comentarios de sentenzas, presentación escrita dun traballo, etc. Estas actividades só serán avaliadas para as/os alumnas/os que se sometan a avaliación continua. Ademais, valorarase especialmente a participación activa do alumnado, tanto nas clases maxistrais como nos mencionados "Seminarios". Ditas actividades suporán o 10% da cualificación final das/as alumnas/vos que se someten a avaliación continua.
Resultado de aprendizaxe: Coñecer, interpretar e aplicar as normas reguladoras do Dereito tributario da Unión Europea e internacional
10 A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
C67
C68
D1
D3
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Primeira oportunidade de exame:

 1.-Ao comezo de curso, a/o alumna/o deberá manifestar a súa intención de acollerse
ao sistema de avaliación continua. A tal fin, os profesores da
materia proporcionaranlle un documento que a/o alumna/o deberá cubrir e
asinar nun determinado prazo.

2.- A/o alumna/o que se acolla ao sistema de avaliación continua,
entregando o citado documento, será avaliado conforme aos criterios que se indicaron
máis arriba: proba final escrita de resposta curta (20%), probas de avaliación continua tipo test (70%) e outras (10%).

Pero a/o alumna/o, que despois de someterse ás probas de avaliación continua tipo test -e tendo en conta as outras probas realizadas e a participación activa- obtivese unha nota final mínima de 5 sobre 10, non estará obrigada/o a realizar a proba escrita de resposta curta como requisito necesario para superar a materia.

3.- Para as/os alumnas/os que NON se sometan ao sistema de avaliación continua, a proba final escrita de resposta curta representará o 100% da
súa cualificación.

Segunda oportunidade de exame:

1.- As/os alumnas/os que se someteron ao sistema de avaliación continua conservarán para a segunda oportunidade de exame a nota obtida no curso.

2.- Na segunda oportunidade de exame realizarase unha proba escrita de resposta curta, que representará o 20% da nota das/os alumnas/os que se someteron ao sistema de avaliación continua.

Para as/os alumnas/os que NON se someteron ao sistema de avaliación continua, a proba escrita de resposta curta representará o 100% da súa nota.

ADVERTENCIA ESPECÍFICA PARA AS/OS ALUMNAS/OS QUE CONCORRAN Á CONVOCATORIA DE FIN DE CARREIRA:

O exame de fin de carreira consistirá nunha proba escrita de resposta curta que representará o 100% da nota das/os alumnas/os que concorran ao devandito exame.

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta da Facultade de Dereito para o curso 2017-18.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000