Guia docente 2017_18
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito financeiro e tributario I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Proba final que consta de dous partes: unha práctica escrita (na que o/a alumno/a terá que demostrar a adquisición das competencias esenciais da materia) e unha teórica oral (na que se formularán distintas preguntas sobre o temario da materia).
Para os/as alumnos/as que se sometan ao sistema de avaliación continua, esta proba representará o 70% da súa nota final.
Para os/as alumnos/as que NON se sometan a avaliación continua, ou que queden excluídos do devandito sistema, a súa cualificación estará integrada polo 70% da cualificación obtida no exame teórico oral e o 30% da cualificación obtida no exame práctico escrito.
Resultado de aprendizaxe: Coñecer, interpretar e aplicar as normas reguladoras do poder financeiro en España, así como as que incumben aos ingresos, con especial referencia ao tributo, e ao gasto público.
70 A1
A2
A4
A5
B1
B2
B3
B4
C18
C19
D1
D5
Probas de resposta curta Nos seminarios realizaranse probas de resposta curta e/ou tipo test exclusivamente aos/as alumnos/as que se sometan ao sistema de avaliación continua. A nota media dos distintos exames constituirá o 20% da nota final dos/as devanditos/as alumnos/as.
Resultado de aprendizaxe: Coñecer, interpretar e aplicar as normas reguladoras do poder financeiro en España, así como as que incumben aos ingresos, con especial referencia ao tributo, e ao gasto público.
20 A1
A2
A4
B1
B2
B4
C18
C19
Outras Nos "Seminarios" das clases presenciais tamén se proporá ao alumnado a realización de distintas actividades: casos prácticos, exposición oral dun tema, presentación escrita dun traballo, tarefa colaborativa na aula, etc. Estas actividades só serán avaliadas para os/as alumnos/as que se sometan a avaliación continua. Ademáis, valorarase especialmente a participación activa do estudantado tanto nas clases maxistrais como nos devanditos "Seminarios". Ditas actividades suporán o 10% da cualificación final.
Resultado de aprendizaxe: Coñecer, interpretar e aplicar as normas reguladoras do poder financeiro en España, así como as que incumben aos ingresos, con especial referencia ao tributo, e ao gasto público.
10 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
C18
C19
D1
D3
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O temario que figura no apartado de contidos constitúe unha versión resumida das leccións que serán obxecto de exame. Oportunamente, a comezo do cuadrimestre académico, proporcionaráselle ao alumnado un temario máis detallado cos epígrafes que conforman cada lección.

Primeira oportunidade de exame

 1.- Ao comezo do cuadrimestre, a/o alumna/o deberá manifestar a súa intención de acollerse ao sistema de avaliación continua. A tal fin, os profesores da materia proporcionaranlle un documento que a/o alumna/o deberá cubrir e asinar nun determinado prazo. 

2.- A/o alumna/o que se acolla ao sistema de avaliación continua, entregando o documento sinalado no punto anterior, será avaliado conforme aos criterios que se indicaron máis arriba: proba final (70%), probas de resposta curta ou tipo test (20%) e outras (10%). Na proba final, o exame de teoría e oral suporá o 80% da cualificación e o práctico, por escrito, suporá un 20%. En todo caso, a/o alumna/o deberá alcanzar unha cualificación mínima de 4 sobre 10 na proba final para que se lle teñan en conta as cualificacións obtidas mediante o sistema de avaliación continua. A mencionada proba final realizarase na data, lugar e hora especificados no calendario oficial aprobado para ese efecto pola Xunta de Facultade para o curso 2017-2018. 

3.- Para as/os alumnas/os que NON se sometan a avaliación continua, ou que queden excluídas/os do devandito sistema, a súa cualificación estará integrada polo 70% da cualificación obtida no exame teórico oral e o 30% da cualificación obtida no exame práctico escrito, nos que se avaliarán todas as competencias. 

Segunda oportunidade de exame

 1.- No exame de xuño/xullo só se realizará unha proba final, que constará de dous partes: unha práctica escrita (na que se resolverán un ou varios casos prácticos) e unha teórica oral (na que se formularán distintas preguntas sobre o temario da materia). A citada proba final realizarase na data, lugar e hora especificados no calendario oficial aprobado para ese efecto pola Xunta de Facultade para o curso 2017-2018. 

2.- As/os alumnas/os que se someteron ao sistema de avaliación continua conservarán a nota que obtivesen no curso. 

3.- Para as/os alumnas/os que NON se sometan a avaliación continua, ou que queden excluídas/os do devandito sistema, a súa cualificación estará integrada polo 70% da cualificación obtida no exame teórico oral e o 30% da cualificación obtida no exame práctico escrito, nos que se avaliarán todas as competencias.

4.- Para os/as alumnos/as que se tivesen sometido ao sistema de avaliación continua e que non superaran a proba final, nin na primeira nin na segunda oportunidade de exame, a nota obtida a través de dito sistema poderá conservarse no curso académico seguinte.

Advertencia específica para as/os alumnas/os que concorran á convocatoria Fin de Carreira

O exame da convocatoria de Fin de Carreira será unha proba escrita con dúas partes, teórica e práctica, cuxa cualificación conformará o 100% da nota final. Dita nota estará integrada polo 70% da cualificación obtida no exame teórico e o 30% da cualificación obtida no exame práctico. No exame de Fin de Carreira non se terá en conta a nota de avaliación continua que o alumnado, no seu caso, obtivese no curso académico anterior. O exame de Fin de Carreira realizarase na data, lugar e hora especificados no calendario oficial aprobado para ese efecto pola Xunta de Facultade.

Advertencia específica para as/os alumnas/os que soliciten ser examinadas/os por Tribunal (só para alumnado que se ache en 4ª matrícula e seguintes)

 O exame constará de dous partes (práctica e teórica) e será exclusivamente escrito.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000