Guia docente 2016_17
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito administrativo II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Avaliarase a asistencia activa do estudante, é dicir, a asistencia máis a participación de calidade. A mera asistencia non se valora.
Resultados de aprendizaxe: O alumnado deberá alcanzar unha visión e comprensión do conxunto dos mecanismos e institucións
xurídico-administrativas obxecto da materia, manexar con soltura o sistema de fontes da materia
obxecto de estudo e resolver problemas xurídicos relacionados coa materia obxecto de estudo. En particular,
deberá coñecer con detalle o control xurisdicional da actividade administrativa, os medios
persoais e materiais da Administración, a garantía patrimonial do administrado, así como as
formas da actividade administrativa.
20 A1
A2
A3
A4
A5
B3
B4
C16
C17
D1
D3
D5
Sesión maxistral Avaliarase a capacidade das/os estudantes para responder oralmente PREGUNTAS E PROBAS OBXECTIVAS orais que o profesor vaia suscitando ao longo da súa exposición. A mera asistencia non valórase.
Resultados de aprendizaxe: O alumnado deberá alcanzar unha visión e comprensión do conxunto dos mecanismos e institucións
xurídico-administrativas obxecto da materia, manexar con soltura o sistema de fontes da materia
obxecto de estudo e resolver problemas xurídicos relacionados coa materia obxecto de estudo. En particular,
deberá coñecer con detalle o control xurisdicional da actividade administrativa, os medios
persoais e materiais da Administración, a garantía patrimonial do administrado, así como as
formas da actividade administrativa.
10 A1
A2
A3
A4
A5
B3
B4
C16
C17
D1
D3
D5
Probas de resposta curta (Exame final) Os estudantes, nas datas oficiais para ese efecto fixadas pola Facultade de Dereito, terá que responder varias preguntas escritas curtas (de corte teórico e/ou práctico), podendo utilizar textos legais.
Resultados de aprendizaxe: O alumnado deberá alcanzar unha visión e comprensión do conxunto dos mecanismos e institucións
xurídico-administrativas obxecto da materia, manexar con soltura o sistema de fontes da materia
obxecto de estudo e resolver problemas xurídicos relacionados coa materia obxecto de estudo. En particular,
deberá coñecer con detalle o control xurisdicional da actividade administrativa, os medios
persoais e materiais da Administración, a garantía patrimonial do administrado, así como as
formas da actividade administrativa.
70 A1
A2
A3
A4
A5
B3
B4
D1
D3
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
AVALIACIÓN CONTINUA

A presenza física dun estudante en clase non é mérito algún. O mero feito de "asistir a clase" non é unha actividade que reflicta ningunha actitude nin aptitude do alumno nin favorable nin desfavorable en termos académicos ou intelectuais, nin achega absolutamente ningún dato relevante que sirva para avaliar nin as competencias& e habilidades, nin o coñecemento e madurez alcanzado respecto dos contidos da materia -que é do que se trata, en definitiva-. En consecuencia, "asistir a clase" por si só NON SE VALORA. O que se valora na "avaliación continua" é a asistencia activa (asistencia + participación). Valorarase positivamente a disposición voluntaria dos alumnos para efectuar lecturas ou traballos complementarios titorizados polo profesor.A avaliación continua valorará conxuntamente (a distribución de porcentaxes por actividades é meramente orientativa) todo o traballo desenvolvido polo estudante ao longo de todo o cuadrimestre en todas as actividades desenvolvidas con antelación ao exame. A cualificación da avaliación continua (se é igual ou superior a notable) será ordinariamente considerada só se é máis elevada que a cualificación do exame, en caso contrario, a cualificación final do/da estudante derivará directamente do exame. Para participar na avaliación continua será requisito necesario que o estudante suba a súa ficha de estudante á plataforma TEMA antes de que conclúa o primeiro mes de clase.

AVALIACIÓN ALTERNATIVA.
A cualificación dos alumnos que (por circunstancias persoais, laborais ou académicas) non desexen ou non poidan asistir con regularidade a clases, derivará nun 100% do exame final.

FIN DE CARREIRA
A avaliación de fin de carreira dependerá nun 100% da nota do exame.

ART. 13.2.d do ESTATUTO DO ESTUDANTE UNIVERSITARIO
O art. 13.2.d do Estatuto do Estudante Universitario (aprobado por R.D. 1791/2010, de 30 de decembro) establece como deber de todos os estudantes: Absterse da utilización ou cooperación en procedementos fraudulentos nas probas de avaliación, nos traballos que se realicen ou en documentos oficiais da universidade&. Se o profesor constatase en calquera momento a infracción de tal deber ("copiar" nun exame; plagiar todo ou parte dun traballo de libros, revistas, páxinas web etc.; presentar como propios traballos total ou parcialmente alleos; etc.), o alumno suspenderá cun 0, perderá todos os puntos de avaliación continua para eventuais futuras convocatorias dentro do mesmo curso, e o profesor porá os feitos en coñecemento do Decanato da Facultade. NON se poderá utilizar nas probas de avaliación ningún tipo de axuda ou soporte de carácter electrónico.

EXAMES FINAIS
As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000