Guia docente 2015_16
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito mercantil I
   Resultados de aprendizaxe
Resultados previstos na materia Resultados de Formación e Aprendizaxe
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. A2
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética A3
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado. A4
Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. A5
Coñecer a función do Dereito como sistema regulador das relacións sociais. B1
Coñecer as distintas manifestacións do Dereito na súa evolución histórica e na súa realidade actual. B2
Ser capaz de identificar problemas xurídicos e abordar a súa solución de modo interdisciplinar B4
Coñecer o concepto e fontes do Dereito Mercantil, así como o réxime xurídico do empresario individual e as sociedades mercantís. C3
Saber interpretar e aplicar as normas mercantís relativas ao empresario individual e social. C4
Capacidade para a toma de decisións de forma autónoma e independente de liderado e capacidade para o traballo cooperativo en equipo, como habilidades nas relacións interpersoais que favorezan a eficacia interpersoal. D3
Ser capaz de resolver problemas e interpretar datos derivados da realidade en relación co seu significado e relacionalos coas distintas ramas do ordenamento xurídico. D5
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000