Guia docente 2017_18
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito civil III. Familia e sucesións
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de resposta curta Respostas consistentes nunha ou varias palabras, ou unha ou dúas
frases
80 B1
C42
D1
D3
D5
Estudo de casos/análisis de situacións Proba en que se expón unha situación ou problemática xa dada ou que pode darse, partindo dos diferentes factores involucrados, a análise dos antecedentes, condicións, da situación, etc.
Dita situación ou problemática será obxecto de exposición e debate polos alumnos.

Resultados de aprendizaxe: trátase dunha materia obrigatoria que achega ao alumno ao dereito de familia e ao dereito de sucesións, permitíndolle coñecer institucións xurídicas esenciais nos devanditos ámbitos.
20 B1
C42
D1
D3
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumno que non se acolla á avaliación continua ha de facer un exame final no que se lle formularán, en relación cos contidos da materia, preguntas de resposta curta, e terá que resolver un suposto práctico sobre a materia. A cualificación das respostas curtas suporá un 80% da cualificación do exame, e a resolución do caso práctico, o 20% restante.

Na segunda edición, o alumno que se acolla á avaliación continua ha de realizar unha proba de resposta curta, manténdose a cualificación da práctica efectuada durante o cuadrimestre. O alumno que non se acolla á avaliación continua será avaliado e cualificado da mesma maneira que no parágrafo anterior.

O exame de fin de carreira levará a cabo da mesma maneira que o do alumno que non se acolla á avaliación continua.

Os exames celebraranse segundo o calendario aprobado pola xunta da Facultade.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000