Guia docente 2015_16
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito civil III. Familia e sucesións
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Proba para a avaliación das competencias que inclúe preguntas abertas sobre os contidos do programa. Os alumnos deben resolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nas preguntas extensas que se lle formulen. 70 B1
B4
C48
D5
Estudo de casos/análise de situacións Proba en que se expón unha situación ou problemática xa dada ou que pode darse, partindo dos diferentes factores involucrados, a análise dos antecedentes, condicións, da situación, etc. 30 A2
A3
A4
B4
D1
D3
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Como regra xeral, enténdese que os alumnos optan polo sistema de avaliación continua. Respecto da nota da proba teórica de contidos é imprescindible que o alumno obteña un mínimo de 3 sobre 10 en cada unha das partes do programa: Dereito de Familia e Dereito de Sucesións, e que a nota total da proba de contidos, que será a suma das notas de ambas as partes, sexa como mínimo un 4 sobre dez para poder compensar coa nota das prácticas que, necesariamente, debe ser como mínimo un 3 sobre dez.

O alumno que non se acolla ao sistema de avaliación continua por deixala ou non poder asistir, poderá facer unha proba final na que se formularán, en relación cos contidos da materia, iguais preguntas de resposta longa incrementadas nunha respecto daqueles que optasen pola avaliación continua e, ademais, un caso práctico, cos mesmos porcentaxes xa indicadas para os que seguen o sistema de avaliación continua. O alumno deberá obter un mínimo de 3 sobre dez en cada unha das partes do programa: Dereito de familia e Dereito de sucesións e, para compensar a parte teórica e a práctica, polo menos, un 3 sobre 10 no caso práctico e un 4 sobre dez na proba de contidos. Desta forma poderá obter o 100% da cualificación.
No mesmo curso gardaranse as notas das prácticas para os que sigan o sistema de avaliación continua soamente para a convocatoria de xuño/xullo.

Convocatoria Fin de carreira: o alumno debe facer unha proba final na que se lle formularán, en relación cos contidos da materia, iguais preguntas de resposta longa incrementadas nunha respecto daqueles que optasen pola avaliación continua cun valor do 70% da cualificación e, ademais, un caso práctico cun valor do 30% da cualificación, é dicir, cos mesmos porcentaxes xa indicadas para os da avaliación continua. Debe obter un mínimo de 3 sobre dez en cada unha das partes do programa: Dereito de familia e Dereito de sucesións e, para poder compensar a parte teórica coa práctica, un 3 sobre 10 nos casos prácticos e un 4 sobre dez na proba de contidos.

Alumnos con necesidades especiais: realizaráse a adaptación curricular dacordo có suxerido polo coordinador de discapacidade segundo os protocolos da Universidade.

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2015/2016.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000