Guia docente 2017_18
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito civil II. Dereitos reais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos/análises de situacións Proba na que se presenta unha situación ou problemática xa dada ou que pode darse, partindo dos diferentes factores involucrados, a análise dos antecedentes, condicións, da situación, etc. Dita situación ou problemática será obxeto de exposición e debate por parte dos alumnos.

Resultados de aprendizaxe: Materia que trata do concepto de dereito real, a súa adquisición e extinción, do dereito real de propiedade
e dos dereitos reais limitados, xunto coa posesión e a publicidade rexistral. Permite coñecer
institucións xurídicas esenciais no Dereito civil.
20 A2
A3
A4
B1
B4
C41
D1
D2
D3
D4
Probas de resposta curta Respostas consistentes nunha ou varias palabras, ou unha ou duas frases.
Resultados de aprendizaxe: Materia que trata do concepto de dereito real, a súa adquisición e extinción, do dereito real de propiedade
e dos dereitos reais limitados, xunto coa posesión e a publicidade rexistral. Permite coñecer
institucións xurídicas esenciais no Dereito civil.
80 A2
B1
B4
C41
D1
D2
D3
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumno que non se acolla á avaliación continua ha de facer un exame final no que se lle formularán, en relación cos contidos da materia, preguntas de resposta curta, e terá que resolver un suposto práctico sobre a materia. A cualificación das respostas curtas suporá un 80% da cualificación do exame, e a resolución do caso práctico, o 20% restante. 


Na segunda edición, o alumno que se acolla á avaliación continua ha de realizar unha proba de resposta curta, manténdose a cualificación da práctica efectuada durante o cuadrimestre. O alumno que non se acolla á avaliación continua será avaliado e cualificado da mesma maneira que no parágrafo anterior.

O exame de fin de carreira levará a cabo da mesma maneira que o do alumno que non se acolla á avaliación continua.

Os exames celebraranse segundo o calendario aprobado pola Xunta de Facultade.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000