Guia docente 2017_18
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Sistema xudicial español e proceso civil
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de resposta curta Ao longo do cuadrimestre realizaránse nas fechas indicadas polo profesor 2 pruebas tipo test e/ou pregunta curta (1 da parte de Sistema Judicial Español y 1 da parte de Proceso Civil). Estas probas non liberan materia de cara ao exame final.

Resultado de aprendizaxe que se avalía: Coñecer a organigrama xurisdicional español e da U.E.; da organización e funcións do persoal xurisdicional e do persoal ao servizo da Administración de Xustiza; e das institucións básicas do proceso civil e das súas modalidades procedimentais.
25 B1
B2
Estudo de casos/análisis de situacións Na data indicada polo profesor realizarase unha proba de carácter práctico consistente no estudo dun caso. Esta proba versará sobre a parte de Proceso Civil.
Dentro deste apartado avaliarase tamén o traballo dos alumnos relativo ao "Traballo en grupo, exposición e debate" desenvolvido durante as clases prácticas. Todo elo en conxunto corresponderase cun 25 % da calificación.
Resultado de aprendizaxe que se avalía: Familiarizarse co funcionamento práctico do proceso civil nas súas diversas modalidades procedimentais.
25 A2
A3
A4
D1
D3
D4
D5
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Na data fixada no calendario oficial de exames, realizarase un exame
teórico oral, que comprende toda a materia. Salvo na convocatoria de fin de carreira, onde o exame final teórico será tamén escrito.

Resultado de aprendizaxe que se avalía: Coñecer a organigrama xurisdicional español e da U.E.; da organización e funcións do persoal xurisdicional e do persoal ao servizo da Administración de Xustiza; e das institucións básicas do proceso civil e das súas modalidades procedimentais.
50 B3
B4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
1. Primeira avaliación (xaneiro):

O estudante debe elixir entre un sistema de avaliación continua ou a realización dun exame final.
Avaliación continua: O estudante que se someta á avaliación continua realizará durante o cuadrimestre dúas probas teóricas, cuxa nota media constituirá o 25% da calificación final, e unha proba práctica que constituirá tamén o 25% da calificación final.

A avaliación completarase cun exame final que será oral. Este exame representa o 50% da nota final, pero ten que ser superado cun 5 sobre 10 para que se sume á nota media obtida na avaliación continua.
O estudante que non se someta á avaliación continua realizará un exame final que representa o 100% da calificación da materia. O exame constará de dúas partes: unha teórica oral e unha práctica escrita. Para superar o exame e ter a condición de aprobado esíxese superar cada unha das partes, a parte teórica e a parte práctica. Una vez superadas, a nota global resultará da suma de ambas.
2. Segunda avaliación (xullo): Consistirá para todos os alumnos nun examen final único que representa o 100% da calificación da materia.
O exame constará de dúas partes: unha teórica oral e outra práctica escrita. Para superar o exame e ter a condición de aprobado esíxese superar cada unha das súas partes, a parte práctica e a teórica. Unha vez superadas cada unha delas, a nota resultará da suma de ambas.
3. Convocatoria de fin de carreira: Consistirá para todos os alumnos nun examen final único que representa o 100% da calificación da materia.O exame constará de dúas partes: unha teórica e outra práctica, ambas as dúas escritas.Para superar o exame e ter a condición de aprobado esíxese superar cada unha das súas partes, a parte práctica e a teórica. Unha vez superadas cada unha delas, a nota resultará da suma de ambas. As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias (1ª edición de actas, 2ª edición de actas e Fin de Carreira) serán as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2017/2018.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000