Guia docente 2016_17
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito administrativo I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminarios Avalariarase a capacidade das/vos estudantes para resolver casos prácticos, debater, expoñer e, en xeral, a sua participación activa. A mera asistencia non se valora.
Resultado de aprendizaxe: O alumnado deberá alcanzar unha visión e comprensión do conxunto dos mecanismos e institucións xurídico-administrativas, manexar con soltura o
sistema de fontes da materia obxecto de estudo e resolver problemas xurídicos relacionados coa materia obxecto de estudo.
40 A1
A3
A4
B3
B4
C15
C16
D1
D3
D5
Sesión maxistral Avaliarase a capacidade das/dos estudantes para responder oralmente PREGUNTAS E PROBAS OBXECTIVAS orais que o profesor vaia suscitando ao longo da súa exposición. A mera asistencia non se valora.
Resultado de aprendizaxe: O alumnado deberá alcanzar unha visión e comprensión do conxunto dos mecanismos e institucións xurídico-administrativas, manexar con soltura o
sistema de fontes da materia obxecto de estudo e resolver problemas xurídicos relacionados coa materia obxecto de estudo.
10 A1
A3
A4
B3
B4
C15
C16
D1
D3
D5
Probas de resposta curta O estudante terá que responder varias preguntas (de corte teórico e/ou práctico), podendo utilizar textos legais.
Resultado de aprendizaxe: O alumnado deberá alcanzar unha visión e comprensión do conxunto dos mecanismos e institucións xurídico-administrativas, manexar con soltura o
sistema de fontes da materia obxecto de estudo e resolver problemas xurídicos relacionados coa materia obxecto de estudo.
50 A1
A3
A4
B3
B4
D1
D3
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. AVALIACIÓN CONTINUA

De acordo co previsto na ficha de Dereito Administrativo I na Memoria do Grado en Dereito, o 50% da cualificación deriva dunha proba final e o 50% restante deriva da avaliación continua ao longo do cuadrimestre.

Ese 50% da avaliación continua deriva dunha valoración de conxunto do traballo desenvolvido pola/o estudante ao longo do curso. A título orientativo, valorarase nun 10% do traballo nos grupos "A" e nun 40% do traballo nos grupos "B" (incluindo aquí, de acordo cos contidos da memoria, resolución de casos prácticos (30%) + exposición e debate (10%)).

A presenza física dun estudante en clase non é mérito algún. O mero feito de "asistir a clase" non é unha actividade que reflicta ningunha actitude nin aptitude do alumno nin favorable nin desfavorable en termos académicos ou intelectuais, nin achega absolutamente ningún dato relevante que sirva para avaliar nin as "competencias" e "habilidades", nin o coñecemento e madurez alcanzado respecto dos contidos da materia -que é do que se trata, en definitiva-.

 En consecuencia, "asistir a clase" por si só NON SE VALORA. O que se valora na "avaliación continua" é a asistencia activa (asistencia + participación). Os porcentzxes de cada unha das partes da avaliación continua son orientativos, pois na avaliación continua deriva do conxunto de toda a asistencia activa da/do estudante as grupos A e aos grupos B.

Valorarase positivamente a disposición voluntaria dos alumnos para efectuar lecturas ou traballos complementarios titorizados polo profesor.

Sera requisito necesario e imprescindible para acceder á valoración da avaliación continua a obtención no exame final da materia dunha nota mínima de 3,5 puntos sobre 10.

Para poder acceder á avaliación continua será requisito necesario que a/o estudante incorpore a súa fotografía á ficha correspondente na plataforma TEMA.

A cualificación da avaliación continua (si é igual o superior a notable) será ordinariamente considerada só si é máis elevada que a cualificación do exame, en caso contrario, a cualificación final do/da estudante derivará directamente do exame.

A cualificación dos alumnos que (por circunstancias persoais, laborais ou académicas) non desexen ou non poidan asistir con regularidade a clases, derivará nun 100% do exame final.

2. EXAME

- Primeira opción - maio

O exame consistirá nun número limitado de cuestións de resposta corta e escrita.

POSIBILIDADE DE EXAME ORAL. Os alumnos que o soliciten coa suficiente antelación poderán realizar un exame oral nunha data distinta (pero próxima) á da convocatoria oficial de exame. Tal data será previamente fixada polo profesor e será a mesma para todos os solicitantes. A solicitude deberá ser por escrito e incluír renuncia expresa ao dereito a presentarse ao exame na data fixada oficialmente. No exame oral tamén se poden usar textos legais.

Segunda opción - xullo

O exame consistirá nun número limitado de cuestións de resposta corta e escrita.

- Fin de carriera

O exame consistirá nun número limitado de cuestións de resposta corta e escrita. A avaliación de fin de carreira dependerá nun 100% da nota do exame.

- Outros aspectos
As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2015-16
3. ART. 13.2.d do ESTATUTO DO ESTUDANTE UNIVERSITARIO

O art. 13.2.d do Estatuto do Estudante Universitario (aprobado por R.D. 1791/2010, de 30 de decembro) establece como deber de todos os estudantes:

"Absterse da utilización ou cooperación en procedementos fraudulentos nas probas de avaliación, nos traballos que se realicen ou en documentos oficiais da universidade".

 Se o profesor constatase en calquera momento a infracción de tal deber ("copiar" nun exame; plaxiar todo ou parte dun traballo de libros, revistas, páxinas web etc.; presentar como propios traballos total ou parcialmente alleos; etc.), o alumno suspenderá ese curso a materia cun "0", e o profesor porá por escrito e a través de rexistro oficial os feitos en coñecemento do Decanato da Facultade.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000