Guia docente 2015_16
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito administrativo I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminarios Avaliarase a asistencia activa do estudante, é dicir, a asistencia máis a participación de calidade. A mera asistencia non se valora.
Resultado de aprendizaxe: O alumnado deberá alcanzar unha visión e comprensión do conxunto dos mecanismos e institucións xurídico-administrativas, manexar con soltura o
sistema de fontes da materia obxecto de estudo e resolver problemas xurídicos relacionados coa materia obxecto de estudo. En particular, deberá
coñecer con detalle as Administracións públicas, a súa organización e a súa actividade, os actos administrativos, o procedemento, os recursos administrativos,
así como a contratación do sector público.
15 A1
A3
A4
B1
B2
B3
B4
C19
C20
D1
D2
D3
Presentacións/exposicións Avaliarase a asistencia activa do estudante, é dicir, a asistencia máis a participación de calidade. A mera asistencia non se valora.
Resultado de aprendizaxe: O alumnado deberá alcanzar unha visión e comprensión do conxunto dos mecanismos e institucións xurídico-administrativas, manexar con soltura o
sistema de fontes da materia obxecto de estudo e resolver problemas xurídicos relacionados coa materia obxecto de estudo. En particular, deberá
coñecer con detalle as Administracións públicas, a súa organización e a súa actividade, os actos administrativos, o procedemento, os recursos administrativos,
así como a contratación do sector público.
15 A1
A3
A4
B1
B2
B3
B4
C19
C20
D1
D2
D3
Sesión maxistral Avaliarase a asistencia activa do estudante, é dicir, a asistencia máis a participación de calidade. A mera asistencia non se valora.
Resultado de aprendizaxe: O alumnado deberá alcanzar unha visión e comprensión do conxunto dos mecanismos e institucións xurídico-administrativas, manexar con soltura o
sistema de fontes da materia obxecto de estudo e resolver problemas xurídicos relacionados coa materia obxecto de estudo. En particular, deberá
coñecer con detalle as Administracións públicas, a súa organización e a súa actividade, os actos administrativos, o procedemento, os recursos administrativos,
así como a contratación do sector público.
20 A1
A3
A4
B1
B2
B3
B4
C19
C20
D1
D2
D3
D5
Probas de resposta curta O estudante terá que responder varias preguntas (de corte teórico e/ou práctico), podendo utilizar textos legais.
Resultado de aprendizaxe: O alumnado deberá alcanzar unha visión e comprensión do conxunto dos mecanismos e institucións xurídico-administrativas, manexar con soltura o
sistema de fontes da materia obxecto de estudo e resolver problemas xurídicos relacionados coa materia obxecto de estudo. En particular, deberá
coñecer con detalle as Administracións públicas, a súa organización e a súa actividade, os actos administrativos, o procedemento, os recursos administrativos,
así como a contratación do sector público.
50 A1
A3
A4
B1
B2
B3
B4
C19
C20
D1
D2
D3
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA ORDINARIA

A presenza física dun estudante en clase non é mérito algún. O mero feito de "asistir a clase" non é unha actividade que reflicta ningunha actitude nin aptitude do alumno nin favorable nin desfavorable en termos académicos ou intelectuais, nin achega absolutamente ningún dato relevante que sirva para avaliar nin as "competencias" e "habilidades", nin o coñecemento e madurez alcanzado respecto dos contidos da materia -que é do que se trata, en definitiva-.

 En consecuencia, "asistir a clase" por si só NON SE VALORA. O que se valora na "avaliación continua" é a asistencia activa (asistencia + participación).

Os alumnos son todos maiores de idade e deben ser libres para decidir que facer co seu tempo, e tan respectable debe ser a actitude do alumno que vén a clase, porque cre que lle serve para aprender, como a do alumno que pensa que para aprender élle máis útil pasarse a hora de clase estudando ou en casa ou na biblioteca. En todo caso, a opinión dos alumnos sobre a utilidade das clases dos seus profesores depende máis dos seus profesores que dos propios alumnos.

Valorarase positivamente a disposición voluntaria dos alumnos para efectuar lecturas ou traballos complementarios *tutorizados polo profesor.

*Sera requisito necesario e imprescindible para acceder á valoración da avaliación continua a obtención no exame da materia dunha nota mínima de catro puntos sobre dez.

A cualificación da avaliación continua non se conserva para posteriores convocatorias.

AVALIACIÓN CONTINUA ALTERNATIVA.

Os alumnos que por calquera circunstancia non poidan asistir a clase ou que  libremente decidan non asistir poden acceder aos 3 puntos que se derivan da "avaliación continua" por medio da entrega de traballos escritos que serán encargados polo profesor, quen estimará o volume de tempo que deben dedicar á súa confección, equivalente ao que o resto dos seus compañeiros ten que dedicar para asistir e preparar as clases.

POSIBILIDADE DE EXAME ORAL.

Os alumnos que o soliciten coa suficiente antelación poderán realizar un exame oral nunha data distinta (pero próxima) á da convocatoria oficial de exame. Tal data será previamente fixada polo profesor e será a mesma para todos os solicitantes. A solicitude deberá ser por escrito e incluír renuncia expresa ao dereito a presentarse ao exame na data fixada oficialmente. No exame oral tamén se poden usar textos legais.

*ART. 13.2.d do ESTATUTO DO ESTUDANTE UNIVERSITARIO

O art. 13.2.d do Estatuto do Estudante Universitario (aprobado por R.D. 1791/2010, de 30 de decembro) establece como deber de todos os estudantes:

"Absterse da utilización ou cooperación en procedementos fraudulentos nas probas de avaliación, nos traballos que se realicen ou en documentos oficiais da universidade".

 Se o profesor constatase en calquera momento a infracción de tal deber ("copiar" nun exame; plaxiar todo ou parte dun traballo de libros, revistas, páxinas web etc.; presentar como propios traballos total ou parcialmente alleos; etc.), o alumno suspenderá cun "0",  perderá todos os puntos de avaliación continua para eventuais futuras convocatorias dentro do mesmo curso, e o profesor porá por escrito e a través de rexistro oficial os feitos en coñecemento do Decanato da Facultade.

SEGUNDO OPCIÓN (Xullo) Igual que a primeira

AVALIACIÓN ALTERNATIVA. A cualificación dos alumnos que (por circunstancias persoais, laborais ou académicas) non desexen ou non poidan asistir con regularidade a clases, derivará nun 100% do exame final.

FIN DE CARREIRA A avaliación de fin de carreira dependerá nun 100% da nota do exame.

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2015-16

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000