Guia docente 2016_17
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito da Unión Europea
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Os coñecementos adquiridos na sesión maxistral serán avaliados mediante unha proba escrita na que se exporán cuestións de desenvolvemento.
As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o Curso 2016-2017

Resultado de aprendizaxe: A finalidade desta materia é que o alumno conozca a sua condición de ciudadano europeo e comprenda a dimensión xurídica da Unión Europea
80 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
C37
C38
D1
D3
D4
D5
Resolución de problemas e/ou exercicios O traballo da aula valorarase en atención a dous criterios: por unha banda, os casos prácticos e traballos que sexan obxecto de exposición na aula, así como, por parte, mediante os traballos ou casos prácticos que deberán ser entregados ao profesor

Resultado de aprendizaxe: A finalidade desta materia é que o alumno conozca a sua condición de ciudadano europeo e comprenda a dimensión xurídica da Unión Europea
20 A2
A3
A5
B4
D1
D3
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A impartición e avaliación desta materia é responsabilidade de dúas áreas de coñecemento a área de Dereito Constitucional e a área de Dereito Internacional Público.

-A área de Dereito Internacional impartirá as leccións 1-2; 5-8 e 13. Estas leccións impartiranse na primeira metade do primeiro cuadrimestre.

-A área de Dereito Constitucional impartirá o resto do temario, é dicir, leccións 3-4; 9-12 e 14. Estas leccións impartiranse na segunda metade do primeiro cuadrimestre


En canto á avaliación final, cada unha das áreas de coñecemento que participan na materia ten un peso proporcional á súa carga docente: Dereito Internacional 50% e Dereito Constitucional 50%. Cada área, á hora de determinar a súa nota, farao seguindo os criterios establecidos na metodoloxía, é dicir, 80% exame final  e  20% traballos de aula.


En relación á proba ou exame final escrito, esta proba constará de dous partes, unha por cada Área de coñecemento. Cada parte farase en follas independentes, para que cada profesor poida corrixir o seu parte.

Para superar a materia é necesario obter un mínimo do 50% en cada parte. Sólo se sumará a calificación da evaluación continúa si no exame teórico de cada parte se alcanza unha nota igual ou superior a 2,5 (sobre 4)

Os alumnos que seguisen o sistema de avaliación continua e se sometan á segunda oportunidade de exame ,só terán que realizar a parte teórica, que consistirá en preguntas de desarrollo, posto que conservarán a cualificación obtida nos traballos na aula.

Os alumnos que non se sometan á avaliación continua, a proba a realizar constará de dous partes: a realización dunha proba escrita con cuestións de desenvolvemento así como a resolución dun caso práctico, exame que, en todo caso, representará o 100% da cualificación

O exame correspondente a Convocatoria "Fin de Carreira" desenvolverase igual que a modalidade de avaliación final

As datas de exame será as aprobadas en Xunta de Facultade para o curso 2016-2017

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000