Guia docente 2016_17
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito internacional público
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Os coñecementos adquiridos na sesión maxistral serán avaliados mediante unha proba escrita que consistirá no desenvolvemento de catro preguntas. Esta proba escrita valorarase ata un máximo de 8 puntos. Non se alcanzará o aprobado se algunha pregunta é cualificada cun 0.



Aqueles alumnos que opten polo sistema de avaliación continúa, deben ter unha nota mínima nesta proba dun 3,5 e ningunha pregunta cualificada cun 0 para que se some a nota dos traballos na aula.
As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2016-2017

Resultados de aprendizaxe: Esta materia pretende posibilitar o ensino sistemático do Ordenamento xurídico que está destinado a regular a Sociedade/Comunidade internacional,facilitando a comprensión entre os alumnos dos problemas básicos que rodean ao mesmo.
80 A2
A3
A5
B4
C35
C36
D1
D5
Resolución de problemas e/ou exercicios O traballo de aula valorarase en atención a dous criterios: por unha banda, os casos prácticos e traballos que sexan obxecto de exposición na aula, así como, por outra banda, mediante os casos prácticos que deberán ser entregados ao profesor (dous durante o cuadrimestre). A nota máxima que se poderá obter é de dous puntos, repartidos da seguinte maneira: un punto máximo pola resolución e exposición de traballos en aula e 0,5 puntos máximo cada un dos traballos que deberán ser entregados ao profesor no prazo establecido.

Resultados de aprendizaxe: Esta materia pretende posibilitar o ensino sistemático do Ordenamento xurídico que está destinado a regular a Sociedade/Comunidade internacional,facilitando a comprensión entre os alumnos dos problemas básicos que rodean ao mesmo.
20 A1
A2
A3
A4
B1
B2
B3
B4
C35
C36
D1
D2
D3
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
<*p> O primeiro día de clase, entregaráselles unha <*b>ficha de opción de avaliación,, que deberán entregar ao profesor, no prazo dunha semana, e na que deben optar entre o sistema de avaliación continua ou o sistema de avaliación final.Se optan pola avaliación continúa, na primeira oportunidade de exame, non poderán acudir á modalidade de avaliación final.<*p>Aqueles alumnos que non se sometan á avaliación continúa , a proba a realizar ,<*b>modalidade avaliación fina*l,constará de dous partes: a realización dunha proba escrita con cuestións de desenvolvemento así como a resolución dun caso práctico, exame que, en todo caso, representará el 100% da cualificación. <*p>Os alumnos que, optando polo <*b>sistema de avaliación continúa non superen a materia na primeira oportunidade, conservaráselles a nota que obtivesen na avaliación continua cando se presenten á segunda oportunidade (exame de xuño e no seu caso, seguinte curso académico), tendo que realizar exclusivamente a parte teórica do exame que consistirá, do mesmo xeito que na primeira oportunidade, en preguntas de desenvolvemento sobre epígrafes do programa<*p>O exame correspondente á <*b>Convocatoria Fin de carreira desenvolverase igual que o da modalidade avaliación final. <*p>As datas de avaliación serán as aprobadas en Xunta de Facultade.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000