Guia docente 2015_16
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito internacional público
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Resultado de Aprendizaxe: Esta materia pretende posibilitar o ensino sistemático do Ordenamento xurídico que está destinado a regular a sociedade/comunidade internacional, facilitando a comprensión entre o alumnado dos problemas básicos que rodean aquel.

Desde unha perspectiva xurídico-formal, o Dereito internacional preséntaselle ao alumnado na súa dimensión positiva, ofrecendo o maior número posible de referencias á normativa en vigor. Esta perspectiva complétase cunha aproximación histórico-sociolóxica, expoñendo ao alumnado as realidades subxacentes ás normas e o medio concreto en que estas están chamadas a rexer, posto que para un ensino eficaz da materia é fundamental unha exposición dos acontecementos históricos e dos acontecementos sociolóxicos.

Así mesmo, ambos os enfoques acompáñanse dunha aproximación axiolóxica ao dereito internacional, coa finalidade de procurar unha constante valoración da norma co ideal de Xustiza. Desde logo, a dimensión finalista da actividade docente conduce a que o ensino non se reduza a unha descrición do ordenamento xurídico internacional, senón que debe facerse reflexionar o alumno sobre o conxunto de valores que inspiran e aos que aspira este ordenamento. Desta forma, ao ensinar e difundir o Dereito internacional preténdese contribuír, en boa medida, a facer progresar a Sociedade internacional e os suxeitos que a compoñen na vía da paz.

Tendo en conta o contido esencial desta disciplina científica, a súa docencia exponse desde unha visión realista, pero co firme propósito de facer partícipe o alumnado dos valores que inspiran o ordenamento xurídico internacional, apuntando, cando sexa posible, suxestións para a mellora das normas que o integran e insistindo, sobre todo, no seu cumprimento. Neste contexto sitúase unha das funcións máis importantes da docencia do Dereito internacional público: demostrarlle ao estudantado, e convencelo, de que esta é unha disciplina cada vez máis relevante na formación de todo xurista e que tomen conciencia da perspectiva internacional, que lles confire o coñecemento do Ordenamento xurídico internacional, como un elemento imprescindible do mundo interdependente.

A función docente universitaria, en que se combina unha función informativa e outra formativa, debe servir para formar xuristas que poidan atopar saídas profesionais vinculadas cos seus estudos pero, sobre todo, tamén debe servir para formar e potenciar as capacidades intelectuais dos estudantes para que poidan e saiban afrontar de forma crítica os valores e as actitudes sociais que se desenvolven nas sociedades nacionais e internacional de que eles forman parte.

Os coñecementos adquiridos na sesión maxistral serán avaliados mediante unha proba escrita na que se exporán cuestións de desenvolvemento sobre epígrafes do programa. Esta proba escrita valorarase ata un máximo de 8 puntos.
Aqueles alumnos que opten polo sistema de evaluación continúa, deben ter unha nota mínima nesta proba dun 3,5 para que se some a nota dos traballos na aula.
As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2015-2016
80 A2
A3
A5
B4
C41
C42
D1
D5
Resolución de problemas e/ou exercicios O traballo de aula valorarase en atención a dous criterios: por unha banda, os casos prácticos e traballos que sexan obxecto de exposición na aula, así como, por outra banda, mediante os casos prácticos que deberán ser entregados ao profesor. Este traballo de aula valorarase ata un máximo de 2 puntos.
Resultado de Aprendizaxe: Esta materia pretende posibilitar o ensino sistemático do Ordenamento xurídico que está destinado a regular a sociedade/comunidade internacional, facilitando a comprensión entre o alumnado dos problemas básicos que rodean aquel.

Desde unha perspectiva xurídico-formal, o Dereito internacional preséntaselle ao alumnado na súa dimensión positiva, ofrecendo o maior número posible de referencias á normativa en vigor. Esta perspectiva complétase cunha aproximación histórico-sociolóxica, expoñendo ao alumnado as realidades subxacentes ás normas e o medio concreto en que estas están chamadas a rexer, posto que para un ensino eficaz da materia é fundamental unha exposición dos acontecementos históricos e dos acontecementos sociolóxicos.

Así mesmo, ambos os enfoques acompáñanse dunha aproximación axiolóxica ao dereito internacional, coa finalidade de procurar unha constante valoración da norma co ideal de Xustiza. Desde logo, a dimensión finalista da actividade docente conduce a que o ensino non se reduza a unha descrición do ordenamento xurídico internacional, senón que debe facerse reflexionar o alumno sobre o conxunto de valores que inspiran e aos que aspira este ordenamento. Desta forma, ao ensinar e difundir o Dereito internacional preténdese contribuír, en boa medida, a facer progresar a Sociedade internacional e os suxeitos que a compoñen na vía da paz.

Tendo en conta o contido esencial desta disciplina científica, a súa docencia exponse desde unha visión realista, pero co firme propósito de facer partícipe o alumnado dos valores que inspiran o ordenamento xurídico internacional, apuntando, cando sexa posible, suxestións para a mellora das normas que o integran e insistindo, sobre todo, no seu cumprimento. Neste contexto sitúase unha das funcións máis importantes da docencia do Dereito internacional público: demostrarlle ao estudantado, e convencelo, de que esta é unha disciplina cada vez máis relevante na formación de todo xurista e que tomen conciencia da perspectiva internacional, que lles confire o coñecemento do Ordenamento xurídico internacional, como un elemento imprescindible do mundo interdependente.

A función docente universitaria, en que se combina unha función informativa e outra formativa, debe servir para formar xuristas que poidan atopar saídas profesionais vinculadas cos seus estudos pero, sobre todo, tamén debe servir para formar e potenciar as capacidades intelectuais dos estudantes para que poidan e saiban afrontar de forma crítica os valores e as actitudes sociais que se desenvolven nas sociedades nacionais e internacional de que eles forman parte.
20 A1
A2
A3
A4
B1
B2
B3
B4
C41
C42
D1
D2
D3
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O primeiro día de clase, entregaráselles unha "ficha de opción de avaliación", que deberán entregar ao profesor, no prazo dunha semana, e na que deben optar entre o sistema de avaliación continua ou o sistema de avaliación final. Se optan pola avaliación continúa, na primeira opoturnidade de exame, non poderán acudir á modalidade de avaliación final.

Aqueles alumnos que non se sometan á avaliación continúa , a proba a realizar , modalidade avaliación final, constará de dous partes: a realización dunha proba escrita con cuestións de desenvolvemento así como a resolución dun caso práctico, exame que, en todo caso, representará el 100% da cualificación.

Os alumnos que, optando polo "sistema de evaluación continúa", non superen a materia na primeira oportunidade, conservaráselles a nota que obtivesen na avaliación continua cando se presenten á segunda oportunidade (exame de xuño), tendo que realizar exclusivamente a parte teórica do exame que consistirá, do mesmo xeito que na primeira oportunidade, en preguntas de desenvolvemento sobre epígrafes do programa

O exame correspondente á Convocatoria "Fin de carreira" desenvolverase igual que o da modalidade avaliación final.

As datas de evaluación serán aprobadas en Xunta de Facultad

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000