Guia docente 2016_17
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito penal I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de tipo test O sistema de avaliación continua consistirá en tres exames escritos: os dous primeiros, de resolución de probas obxetivas parciais (“probas de tipo test”, aos que se refire este apartado da Guía), e o terceiro, de resolución de probas obxetivas finais (referido no seguinte apartado da Guía, “Outras”).
Os exames correspondentes á resolución de probas obxetivas parciais, “probas tipo test”:
- Celebraranse ao longo do curso, en horario de clase maxistral
- cada exame comprenderá a parte do temario que respectivamente se indique ao inicio do cuadrimestre no cronograma da materia
- consistirán en probas tipo test, para cuxa cualificación, de 0 a 10 puntos cada unha delas, as respostas correctas suman o mesmo que restan as incorrectas, non puntuando as deixadas en branco
-Ámbolos dous exames ponderaranse ao 50% para a cualificación final, correspondendo o outro 50% á resolución de probas obxetivas finais (que se describe no apartado “Outras”).
Para superar a materia polo sistema de avaliación continua é necesario que a nota resultante dos tres exames, de acordo coa ponderación indicada, sexa igual ou superior a 5 puntos. Quen acuda á primeira proba parcial, manifestando así o seu interese por acollerse a este sistema de avaliación continua, será avaliados nesta oportunidade de acordo cos criterios previamente establecidos e non terá dereito a ser avaliados mediante un exame final que constitúa o 100% da cualificación da materia. Polo tanto, realizada a primeira proba parcial, non é posible renunciar ao sistema de avaliación continua. Se realizada a primeira proba parcial, a alumna ou alumno non se presentase á seguinte ou seguintes, a cualificación destas será de 0 puntos.

Mediante estas probas avalíanse os seguintes resultados da aprendizaxe: coñecer o significado e a función do Dereito penal, coñecer as fontes do Dereito penal, utilizar os diferentes métodos de interpretación xurídica aplicados ao Dereito penal, coñecer, comprender, interpretar e analizar adecuadamente as categorías e conceptos da Teoría xeral do delicto, coñecer e comprender os problemas sobre os concursos de leis e delictos, resolver supostos prácticos en materia penal, manexando adecuadamente as aportacións doutrinais e xurisprudenciais para fundamentar xurídicamente a solución.
50 A2
A3
A5
B1
B2
B3
B4
C43
C44
D1
D5
Outras O sistema de avaliación continua consistirá en tres exames escritos: os dous primeiros, de resolución de probas obxetivas parciais (“probas de tipo test”, aos que se refire o apartado anterior da Guía), e o terceiro, de resolución de probas obxetivas finais, “outras” (referidas neste).
O devandito exame correspondente á resolución de probas obxetivas finais, “outras”:
- Celebrarase na data oficial de exame final da convocatoria ordinaria: primeira oportunidade, segundo o calendario oficial aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2016-2017
- consistirá na resolución dun ou varios casos prácticos e calificarase de 0 a 10 puntos
- Os problemas que plantexen os casos prácticos poden afectar a cuestións comprendidas na totalidade do temario
-Ponderarase ao 50% para a cualificación final, correspondendo o outro 50% aos dous exames anteditos de resolución de probas obxetivas parciais (“probas de tipo test”).

Para superar a materia polo sistema de avaliación continua é necesario que a nota resultante dos tres exames, de acordo coa ponderación indicada, sexa igual ou superior a 5 puntos. Quen acuda á primeira proba parcial, manifestando así o seu interese por acollerse a este sistema de avaliación continua, será avaliado nesta oportunidade de acordo cos criterios previamente establecidos e non terá dereito a ser avaliado mediante un exame final que constitúa el 100% da cualificación da materia. Polo tanto, realizada a primeira proba parcial, non é posible renunciar ao sistema de avaliación continua. Se realizada a primeira proba parcial, a alumna ou alumno non se presenta á seguinte ou seguintes, a cualificación destas será de 0 puntos.

Mediante esta proba avalíanse os seguintes resultados da aprendizaxe: coñecer o significado e a función do Dereito penal, coñecer as fontes do Dereito penal, utilizar os diferentes métodos de interpretación xurídica aplicados ao Dereito penal, coñecer, comprender, interpretar e analizar adecuadamente as categorías e conceptos da Teoría xeral do delicto, coñecer e comprender os problemas sobre os concursos de leis e delictos, resolver supostos prácticos en materia penal, manecando adecuadamente as aportacións doutrinais e xurisprudenciais para fundamentar xurídicamente a solución.
50 A2
A3
A5
B1
B2
B3
B4
C43
C44
D1
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
1. PRIMEIRA OPORTUNIDADE (xaneiro 2017)

a) SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA

Descríbese nos apartados anteriores.

b) SISTEMA DE EXAME FINAL





Para quen non opte polo sistema de avaliación continua, a avaliación da materia consistirá nun único exame final, na data fixada no calendario oficial aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2016-2017.

O devandito exame, que
comprenderá a totalidade do temario e constitúe o 100% da cualificación da materia, constará de dúas partes, unha teórica e outra práctica, que se
cualificarán de 0 a 5 puntos cada unha delas. A parte teórica consistirá en
probas tipo test, para cuxa cualificación as respostas correctas suman o
mesmo que restan as incorrectas, non puntuando as deixadas en branco. A parte
práctica consistirá na resolución dun ou varios casos prácticos. A
cualificación final do exame será a suma das cualificacións obtidas en
cada unha das partes. Para superar a materia é necesario obter un mínimo
de 5 puntos na suma da cualificación de ámbalas dúas partes.


2. SEGUNDA OPORTUNIDADE (xullo 2017)

A avaliación da materia consistirá nun único exame final, na data fixada no calendario oficial aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2016-2017.

O devandito exame, que
comprenderá a totalidade do temario e constitúe o 100% da cualificación
da materia, constará de dúas partes, unha teórica e outra práctica, que
se
cualificarán de 0 a 5 puntos cada unha delas. A parte teórica consistirá
en
probas tipo test, para cuxa cualificación as respostas correctas suman o
mesmo que restan as incorrectas, non puntuando as deixadas en branco. A
parte
práctica consistirá na resolución dun ou varios casos prácticos. A
cualificación final do exame será a suma das cualificacións obtidas en
cada unha das partes. Para superar a materia é necesario obter un mínimo
de 5 puntos na suma da cualificación de ámbalas dúas partes.


3. CONVOCATORIA DE FIN DE CARREIRA

A avaliación da materia consistirá nun único exame final, na data
fixada no calendario oficial aprobado pola Xunta de Facultade para o
curso 2016-2017.

O devandito exame, que
comprenderá a totalidade do temario e constitúe o 100% da cualificación
da materia, constará de dúas partes, unha teórica e outra práctica, que
se
cualificarán de 0 a 5 puntos cada unha delas. A parte teórica consistirá
en
probas tipo test, para cuxa cualificación as respostas correctas suman o
mesmo que restan as incorrectas, non puntuando as deixadas en branco. A
parte
práctica consistirá na resolución dun ou varios casos prácticos. A
cualificación final do exame será a suma das cualificacións obtidas en
cada unha das partes. Para superar a materia é necesario obter un mínimo
de 5 puntos na suma da cualificación de ámbalas dúas partes.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000