Guia docente 2015_16
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito penal I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de tipo test Haberá tres probas parciais de tipo test, puntuadas de 0 a 10 puntos cada unha delas.
Cada unha das tres probas comprenderá a parte do temario que respectivamente se indique ao inicio do cuatrimestre no cronograma da materia.
As dúas primeiras probas celebraranse ao longo do curso, en horario de clase maxistral. A terceira proba celebrarase na data oficial de exame segundo o calendario aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2015-2016.
Para superar a materia é necesario obter un mínimo de 5 puntos de nota media entre as tres probas.
Mediante estas probas avalíanse os seguintes resultados da aprendizaxe: coñecer o significado e a función do Dereito penal, coñecer as fontes do Dereito penal, utilizar os diferentes métodos de interpretación xurídica aplicados ao Dereito penal, coñecer, comprender, interpretar e analizar adecuadamente as categorías e conceptos da Teoría xeral do delicto, coñecer e comprender os problemas sobre os concursos de leis e delictos, resolver supostos prácticos en materia penal, manexando adecuadamente as aportacións doutrinais e xurisprudenciais para fundamentar xurídicamente a solución.
100 A2
A3
A5
B1
B2
B3
B4
C49
C50
D1
D5
Outras EXAME FINAL:
Para quen non opte polo sistema de avaliación continua, a avaliación da
materia consistirá nun único exame final tipo test que comprenderá a
totalidade do temario e que constitúe o 100% da cualificación da materia.
O exame final celebrarase na data oficial de exame segundo o calendario
aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2015-2016.
Para superar a materia é necesario obter un mínimo de 5 puntos no exame
final.

Mediante esta proba avalíanse os seguintes resultados da aprendizaxe: coñecer o significado e a función do Dereito penal, coñecer as fontes do Dereito penal, utilizar os diferentes métodos de interpretación xurídica aplicados ao Dereito penal, coñecer, comprender, interpretar e analizar adecuadamente as categorías e conceptos da Teoría xeral do delicto, coñecer e comprender os problemas sobre os concursos de leis e delictos, resolver supostos prácticos en materia penal, manecando adecuadamente as aportacións doutrinais e xurisprudenciais para fundamentar xurídicamente a solución.
100 A2
A3
A5
B1
B2
B3
B4
C49
C50
D1
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
1. PRIMEIRA OPORTUNIDADE (xaneiro 2016)

a) SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA

Haberá tres probas parciais de tipo test puntuadas de 0 a 10 puntos cada unha delas.
Cada unha das tres probas comprenderá a parte do temario que respectivamente se indique ao inicio do cuatrimestre no
cronograma da materia.
As dúas primeiras probas celebraranse ao longo do curso, en horario de clase maxistral. A terceira proba celebrarase na
data oficial de exame segundo o calendario aprobado porla Xunta de Facultade para o curso 2015-2016.
Para superar a materia é necesario obter un mínimo de 5 puntos de nota media entre as tres probas.
A/o alumna/o que acuda á primerira proba parcial e manifeste así o seu interese por acollerse ao sistema de avaliación
continua, será avaliada/o nesta oportunidade consonte aos criterios previamente establecidos (puntuación media das tres
probas parciais) e non terá dereito a ser avaliada/o nesta oportunidade consonte a un exame final que constitúa o 100% da
cualificación da materia.
Polo tanto, realizada a primeira proba parcial, non é posible renunciar ao sistema de avaliación continua. Se, realizada a
primeira proba parcial a alumna ou o alumno non se presentase á seguinte ou seguintes, a cualificación destas será de 0
puntos, que fará/n media coa nota da primeira.

b) SISTEMA DE EXAME FINAL

Para quen non opte polo sistema de avaliación continua, a avaliación da materia consistirá nun único exame final tipo test
que comprenderá a totalidade do temario e que constitúe o 100% da cualificación da materia.
O exame final celebrarase na data oficial de exame segundo o calendario aprobado pola Xunta de Facultade para o curso
2015-2016.
Para superar a materia é necesario obter un mínimo de 5 puntos no exame final.


2. SEGUNDA OPORTUNIDADE (xullo 2016)

Consistirá para todas/os as/os alumnas/os nun único exame final tipo test que comprenderá a totalidade do temario e que constitúe o 100% da cualificación da materia.
O exame final celebrarase na data oficial de exame segundo o calendario aprobado pola Xunta de Facultade para o curso
2015-2016.
Para superar a materia é necesario obter un mínimo de 5 puntos no exame final.


3. CONVOCATORIA DE FIN DE CARREIRA

Para aquelas/es alumnas/os que se matriculen na convocatoria de fin de carreira, o exame consisitirá nunha proba tipo test
que comprenderá a totalidade do temario e que constitúe o 100% da cualificación da materia.
O exame final celebrarase na data oficial de exame segundo o calendario aprobado pola Xunta de Facultade para o curso
2015-2016.
Para superar a materia é necesario obter un mínimo de 5 puntos no exame final.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000