Guia docente 2014_15
Facultad de Derecho
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito penal I
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de tipo test Haberá dúas probas de tipo test, cualificadas cada unha delas de 0 a 10 puntos. A nota media de ambas probas constituirá o 50% da cualificación final (o outro 50% corresponde ao exame final)

Cada unha delas farase na data establecida polo profesor da materia.

Consistirán en preguntas sobre a parte correspondente do temario, indicada polo profesor de materia.
50
Outras EXAME FINAL:

Será unha proba tipo test na que se incluirá a totalidade do temario que terá lugar na data e lugar aprobados pola Xunta de Facultade
50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. Primeira oportunidade.

a) Ao comezo do curso, a/o alumna/o deberá manifestar a súa vontade de acollerse ao sistema de avaliación continua. A tal fin, o profesor da materia proporcionaralle un documento que a/o alumna/o deberá cubrir e asinar.

b) A/O alumna/o que se acolla ao sistema de avaliación continua, entregando o documento sinalado, será avaliada/o consonte aos criterios previamente establecidos (50% probas tipo test e 50% exame final) e non terá dereito a ser avaliada/o nesta oportunidade conforme a un exame final que represente o 100% da cualificación na materia.

c) A/O alumna/o que non cubra e entregue o devandito documento non terá dereito a ser avaliada/o conforme ao sistema de avaliación continua, podendo realizar nesta oportunidade un exame final que constitúe o 100% da cualificación na materia. O exame final realizarase na data e lugar aprobados pola Xunta de Facultade a e consistirá nunha proba tipo test única que abranguerá todo o temario da materia.

2. Segunda oportunidade.

Consistirá para todas/os as/os alumnas/as nun exame final coa forma dunha proba tipo test que abranguerá todo o temario da materia e suporá o 100% da cualificación, na data e lugar aprobados pola Xunta de Facultade.

3. Convocatoria de "fin de carreira" .

Para aquelas/es alumnas/os que se matriculen na convocatoria de "fin de carreira", o exame consistirá nunha proba tipo test que abranguerá todo o temario da materia e suporá o
100% da cualificación, na data e lugar aprobados pola Xunta de Facultade.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000