Guia docente 2017_18
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito civil I. Obrigas e contratos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos/análises de situacións Estudo de casos/análises de situacións Análises dun feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipótese, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución. Posteriormente, será obxecto de exposición e debate polos alumnos.

Resultados de aprendizaxe: Trata os elementos esenciais do Dereito Civil patrimonial, a saber, a obrigación e os contratos. Dedícase unha especial atención á responsabilidade civil tanto contractual como extracontractual.
20 A2
A3
A4
B1
B4
C39
C40
D1
D2
D3
D4
D5
Probas de resposta curta Respostas consistentes nunha ou varias palabras, ou unha ou dúas frases.

Resultados de aprendizaxe: Trata os elementos esenciais do Dereito Civil patrimonial, a saber, a obrigación e os contratos. Dedícase unha especial atención á responsabilidade civil tanto contractual como extracontractual.
80 A2
A3
A4
B1
B4
C39
C40
D1
D2
D3
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumno que non se acolla á avaliación continua ha de facer un exame final no que se lle formularán, en relación cos contidos da materia, preguntas de resposta curta, e terá que resolver un suposto práctico sobre a materia. A cualificación das respostas curtas suporá un 80% da cualificación do exame, e a resolución do caso práctico, o 20% restante. 


Na segunda edición, o alumno que se acolla á avaliación continua ha de realizar unha proba de resposta curta, manténdose a cualificación da práctica efectuada durante o cuadrimestre. O alumno que non se acolla á avaliación continua será avaliado e cualificado da mesma maneira que no parágrafo anterior.

O exame de fin de carreira levará a cabo da mesma maneira que o do alumno que non se acolla á avaliación continua.

Os exames celebraranse segundo o calendario aprobado pola Xunta de Facultade.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000