Guia docente 2017_18
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Economía: Principios de economía
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de tipo test Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. Porase especial atención no resultado de aprendizaxe: Coñecemento dos principios económicos, dos mecanismos de toma de decisión económica por parte dos distintos axentes e a súa interacción no mercado. 30 C11
C12
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba escrita na que o alumno deberá solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo establecido polo profesor. Deste xeito, o alumno deberá aplicar os coñecementos adquiridos. Porase especial atención no resultado de aprendizaxe: Coñecemento dos principios económicos, dos mecanismos de toma de decisión económica por parte dos distintos axentes e a súa interacción no mercado. 30 A2
A3
C11
C12
D1
Traballos e proxectos Os estudantes deberán ler un libro seleccionado polo profesor ao comenzo do curso. A temática do libro estará relacionada cos contidos explicados nas sesións maxistrais. Nembargantes, tamén se procura que as lecturas teñan un rol complementario, que poida aportar algún outro enfoque máis alá do estrictamente económico, como por exemplo no eido histórico, xurídico, político, sociolóxico, etc.
A avaliación da lectura do libro farase mediante un ensaio sobre algún tema relevante do libro que o alumno deberá redactar na aula. Ademáis dos contidos, avaliarase tamén a redacción en xeral. En particular, a capacidade de argumentación, cohesión no discurso, gramática e ortografía. Porase especial atención no resultado de aprendizaxe: Coñecemento dos principios económicos, dos mecanismos de toma de decisión económica por parte dos distintos axentes e a súa interacción no mercado.
20 A3
A4
D1
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. O estudantes (en grupos de dúas persoas) deberán realizar, fora da aula, unha práctica proposta polo profesor que consistirá na procura e análise de datos económicos. O principal obxectivo será redactar as conclusións máis relevantes.
O traballo deberá presentarse a través da plataforma Faitic. Farase un debate na aula sobre as conclusións máis destacables da práctica. Porase especial atención no resultado de aprendizaxe: Coñecemento dos principios económicos, dos mecanismos de toma de decisión económica por parte dos distintos axentes e a súa interacción no mercado.
10 A2
A3
A4
C11
C12
D1
D3
Outras Presentación oral de carácter individual ante o profesor dos contidos da materia. Porase especial atención no resultado de aprendizaxe: Coñecemento dos principios económicos, dos mecanismos de toma de decisión económica por parte dos distintos axentes e a súa interacción no mercado. 10 A2
A4
C11
C12
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

- Para a edición de xuño de 2018 haberá dúas formas de avaliación:

Opción A: O estudante pode acollerse ao sistema de avaliación continua que se acaba de expoñer. Entenderase que o alumno se acolle a este sistema  de avaliación continua cando se presente a probas que en conxunto representen máis do 50% na nota final. Anunciarase a principio de curso un cronograma donde aparecen as datas das distintas probas de avaliación continua.

Opción B: O estudante que non se acolla o sistema de avaliación continua será avaliado mediante a realización dun examen final de carácter escrito na data oficialmente establecida coas seguintes ponderacións: proba tipo test (40%), proba de resolución de exercicios (40%) e exame do libro (20%).

- Para a edición de xullo de 2018 haberá tamén dúas formas de avaliación:

Opción A: Os estudantes que se acolleran ao sistema de avaliación continua poderán conservar as notas dos cinco tipos de probas realizadas. Soamente poderán subir nota nas seguintes partes: Proba tipo test (30%), Proba de resolución de exercicios (30%) e/ou exame do libro (20%).

-Opción B: Os alumnos que non se acolleran ao sistema de avaliación continua terán dereito a un exame final que abarcará unha proba tipo test (40%), unha proba de resolución de exercicios (40%), un exame do libro de lectura (20%).

Nota: Aos estudantes que seguiran o sistema de
avaliación continua se lles permitirá elixir tamén a opción B na
edición de xullo, pero será necesario a previa comunicación ao profesor.

Fin de carreira: O alumno deberá superar un exame teórico-práctico.

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes edicións son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade de Dereito para o curso 2017-18. En caso de conflicto, prevalecerán as datas publicadas na páxina web da Facultade de Dereito.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000