Guia docente 2014_15
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito: Dereito constitucional I
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas para a avaliación que inclúen actividades, problemas ou exercicios prácticos para resolver. Os alumnos deben responder á actividade suscitada, aplicando os coñecementos teóricos e prácticos da materia.



20
Traballos tutelados Realización en grupo de traballos sobre algúns dos contidos da materia baixo a dirección e tutela do profesor. 10
Presentacións/exposicións Exposición dos traballos tutelados 10
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Proba para a avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas directas sobre un aspecto concreto. Os alumnos deben responder en función dos coñecementos que teñen sobre a materia. A devandita proba realizarase ao final do cuadrimestre. 60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Será condición imprescindible para contabilizar a avaliación continua obter un mínimo de 5 sobre 10 na proba de resposta longa.

O alumno deberá elixir entre un sistema de avaliación continua ou a realización dun exame final.

Aqueles alumnos que non se sometan ao sistema de avaliación continua terán unha avaliación final que implicará o desenvolvemento por escrito de dúas preguntas longas que se incluirán no programa e suporán o 80% da avaliación e una pregunta práctica que suporá o 20% da avaliación.

Tanto estes últimos alumnos como os anteriores gozarán de atención personalizada nas titorías individualizadas

cando así o desexen.

Na segunda oportunidade (xullo) diferenciaranse as seguintes modalidades:

a) Para os alumnos presenciais: terán que ser avaliados daquela parte da programación docente que non superasen durante

o curso. b) Os alumnos non presenciais deberán repetir a avaliación na súa

totalidade.

Convocatoria fin de carreira

A avaliación constará de dúas
preguntas de resposta longa e o desenvolvemento dun caso práctico. Cada
unha das preguntas de resposta longa valerán un 40% da nota final; o
desenvolvemento dun caso práctico valerá o 20% da nota final

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2014-2015

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000