Guia docente 2014_15
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito: Dereito constitucional I
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Resolución de problemas e/ou exercicios Formulación, análise e resolución de exercicios prácticos relacionados coa temática da materia. Realizaranse de forma autónoma por parte do alumnado.
Traballos tutelados Actividade autónoma do estudante que, de forma individual ou en grupo, elabora un traballo escrito sobre algún tema da materia que o docente considera que debe ser obxecto dun estudo pormenorizado ou sobre algunha lectura indicada previamente por este. Os estudantes adquirirán pericia na busca de información, na redacción de documentos e na lectura e manexo de bibliografía.
Sesión maxistral Exposición por parte do docente dos contidos referentes á materia obxecto de estudo.
Presentacións/exposicións Exposición por parte do alumnado ante o docente e/ou un grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto, etc. Pódese levar a cabo individualmente ou en grupo.
Titoría en grupo Reunións que o alumno mantén co profesor da materia para recibir asesoramento sobre o desenvolvemento daquelas actividades que o estudante debe realizar de forma autónoma, e para formular as dúbidas que sobre a materia obxecto de estudo se lle poidan formular no proceso de ensino-aprendizaxe.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000