Guia docente 2017_18
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Informática: Novas tecnoloxías aplicadas ao dereito
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas A avaliación das probas realizarase empregando rúbricas.

Resultado de aprendizaxe:
- Manexar ferramentas informáticas apropiadas para o desenvolvemento profesional no ámbito xurídico
- Desenvolver a capacidade para traballar, colaborar e cooperar en contornas dixitais
50 A1
A2
A3
A5
C22
C23
D1
D4
Probas de tipo test Realizaranse cuestionarios online presenciais.

Resultado de aprendizaxe:
- Coñecer e comprender os principios e conceptos básicos de Informática e a súa relación co Dereito
- Desenvolver habilidades e destrezas para a procura e tratamento da información xurídica
- Manexar ferramentas informáticas apropiadas para o desenvolvemento profesional no ámbito xurídico
40 A5
C22
C23
D1
D4
Probas de resposta curta Realizarase un exame de respostas curtas, opción múltiple e/ou relacionar.

Resultado de aprendizaxe:
- Coñecer e comprender os principios e conceptos básicos de Informática e a súa relación co Dereito
10 A1
A2
A3
A4
A5
C22
C23
D1
D3
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Lémbrase a todo o alumnado a prohibición do uso
de dispositivos móbiles ou computadores portátiles en exercicios, prácticas e
probas, en cumprimento do artigo 13.2.d) do Estatuto do Estudante
Universitario, relativo aos deberes do estudantado universitario, que
establece o deber de "absterse da utilización ou cooperación en procedementos
fraudulentos nas probas de avaliación, nos traballos que
se realicen ou en documentos oficiais da universidade."



A materia divídese en dous partes: teoría (20%) e
práctica (80%).



A parte teórica avalíase mediante un cuestionario
tipo test ao finalizar cada tema e unha proba de resposta curta, que engloba todos os
contidos teóricos. 

A parte práctica divídese en catro bloques:



1. Bases de datos xurídicas (15%)



2. Procesador de textos avanzado (15%)



3. Folla de cálculo (15%)



4. Redes (35%) 

A nota final obterase, por tanto, aplicando a seguinte fórmula para o cálculo da media ponderada:

Nota teoría x 20% + nota Bases de datos xurídicas x 15% + nota Procesador avanzado x 15% + nota Folla de cálculo x 15% + nota Redes x 35%

Será necesario, para poder aplicar esta fórmula, obter unha cualificación mínima de 4 en cada unha dos bloques nos que se divide a materia.

Para superar a materia o alumno debe obter, como nota final, unha cualificación igual ou superior a 5.

No caso de que
a cualificación final sexa igual ou superior a 5, pero algunha das
partes estea suspensa, a cualificación final será de 4. 



O
alumno poderá elixir o sistema de avaliación que lle será aplicado na
materia. Para iso debe optar, nos primeiros 15 días do cuadrimestre, entre
avaliación continua (probas e actividades desenvolvidas ao longo do
cuadrimestre) ou un exame final único (100% da nota final). Para tal fin, habilitarase
un contrato que deberá ser asinado por todo aquel alumno que desexe
seguir un método de avaliación continua. Se algún alumno non asina este contrato
enténdese que opta por un exame final único e renuncia á avaliación
continua. 



Na
segunda oportunidade (Xullo) realizarase unha proba final que englobará todo
o visto ao longo do cuadrimestre. Nesta proba final, os alumnos que
optaron por avaliación continua só acudirán con aqueles bloques
suspensos. 



Na
convocatoria de Fin de Carreira realizarase unha proba final que englobará
todo o visto na materia. 



As datas e horarios das probas de avaliación das
diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas
de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2017-18

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000