Guia docente 2015_16
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Informática: Novas tecnoloxías aplicadas ao dereito
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de autoavaliación Realizaranse, a través da plataforma Faitic, cuestionarios de autoevaluación para validar a adquisición de competencias por parte do alumno. Realizarase un cuestionario ao finalizar cada un dos temas de teoría e para determinadas sesións de resolución de problemas e exercicios.
Resultado de aprendizaxe: Fornecer aos xuristas as ferramentas e coñecementos apropiados para saber resolver, na práctica profesional, os problemas relacionados con uso das novas tecnoloxías. As competencias básicas adquiridas serán de gran utilidade aos alumnos, tanto para os seus estudos universitarios, como para o seu futuro exercicio profesional, no ámbito público ou privado.
40 A5
B3
B4
C26
C27
D1
D4
Outras Realizarase un exame de respostas curtas, opción múltiple e/ou relacionar.

Resultado de aprendizaxe: Fornecer aos xuristas as ferramentas e coñecementos apropiados para saber resolver, na práctica profesional, os problemas relacionados co uso das novas tecnoloxías. As competencias básicas adquiridas serán de gran utilidade aos alumnos, tanto para os seus estudos universitarios, como para o seu futuro exercicio profesional, no ámbito público ou privado.
10 A1
A2
A3
A4
A5
B4
C26
C27
D1
D3
D4
Outras A avaliación de certas actividades realizarase empregando rúbricas.

Resultado de aprendizaxe: Fornecer aos xuristas as ferramentas e coñecementos apropiados para saber resolver, na práctica profesional, os problemas relacionados co uso das novas tecnoloxías. As competencias básicas adquiridas serán de gran utilidade aos alumnos, tanto para os seus estudos universitarios, como para o seu futuro exercicio profesional, no ámbito público ou privado.
50 A1
A2
A3
A5
B4
C26
C27
D1
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A materia divídese en dous partes: teoría e práctica.

A nota final obtense aplicando a seguinte fórmula:

nota teoría x 20% + nota práctica x 80%

sendo necesario, para poder aplicar esta fórmula, obter unha cualificación mínima dun 4 en cada unha das partes. Para superar a materia o alumno debe obter como nota final unha calificación igual ou superior a 5.

A parte teórica evaluase mediante un cuestionario tipo test ao finalizar cada tema (cada cuestionario de cada un do cinco temas ten un peso do 2%) e un cuestionario tipo test, que engloba todos os contidos teóricos (cun peso do 10%).

A parte práctica divídese en seis bloques: procesador de textos avanzado (15%), folla de cálculo (15%), bases de datos xurídicas (15%), ofimática en liña (10%), blogs (15%) e Outras ferramentas da Web 2.0 (10%). Para superar a parte práctica será necesario obter unha puntuación mínima de 4 en cada un destes bloques.

O alumno poderá elixir o sistema de avaliación que lle será aplicado na materia. Para iso debe optar, nos primeiros 15 días do cuadrimestre, entre avaliación continua (probas e actividades desenvolvidas ao longo do cuadrimestre) ou un Exame Final único (100% da nota final). Para tal fin, habilitarase un contrato que deberá ser asinado por todo aquel alumno que desexe seguir un método de avaliación continua. Se algún alumno non asina este contrato enténdese que opta por un exame final único e renuncia á avaliación continua.

Na segunda oportunidade (Xullo) realizarase unha proba final que englobará todo o visto ao longo do cuadrimestre. A esta proba final, os alumnos que optaron por avaliación continua, só acudirán con aqueles bloques suspensos.

Na convocatoria de Fin de Carreira realizarase unha proba final que englobará todo o visto na materia.

As datas e días das probas da 1ª oportunidade, 2ª oportunidade e de fin de carreira serán as fixadas pola Xunta de Facultade de Dereito e publicadas no taboleiro oficial de anuncios do Centro.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000