Guia docente 2013_14
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Sistemas xurídicos contemporáneos: Dereito continental e dereito anglosaxón
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións Avaliación do estudo intensivo de determinados temas. Discusión, participación e elaboración de documentos e conclusións.
Ata 40
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Os alumnos responderá por escrito un exame sobre o temario desenvolvido ao longo do curso, que conterá dous ou máis preguntas de desenvolvemento longo Ata 60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Segunda convocatoria e exame fin de carreira: un único exame escrito.


Imprescindible superar cun mínimo de cinco o exame, para poder sumar as cualificacións de presentacións ou prácticas.


Os estudantes que acrediten non poder asistir a clase terán dereito a unha proba final, que poderá consistir nunha pregunta longa, varias curtas ou nunha proba tipo test, e tamén nalgún caso práctico, tendo o exame unha valoración dun 70%.


Non se gardarán os resultados alcanzados na avaliación continua nos próximos anos.


As datas fixadas para os exames de Sistemas Xurídicos Contemporáneos son as seguintes:


1º Convocatoria (2º cuadrimestre): 18 Maio ás 17:00 h.


2º Convocatoria (xullo): 1 Xullo ás 10:00 h.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000