Guia docente 2015_16
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Libre circulación de traballadores e políticas sociais europeas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos/análises de situacións

Probas na que se presenta unha situación ou problemática xa dada ou que pode darse, partindo dos diferentes factores involucrados, a análise dos antecedentes, condicións, da situación, etc.
20
Presentacións/exposicións
O estudante presenta o resultado obtido na elaboración dun documento sobre a temática da materia, na preparación de seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc.
Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo, de forma oral ou escrita…
20
Probas de tipo test Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. 60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os alumnos/as
poden optar entre dous sistemas de avaliación:

  1. Sistema de avaliación continua
  2. Sistema de avaliación final

 1. Sistema de avaliación  continua.

Para acollerse ao sistema de avaliación continua
e aprobar a materia mediante este sistema, o alumno deberá cumprir os tres requisitos seguintes:

1. Acreditar
a asistencia a un 80% das clases –maxistrais e grupos medianos-, sen que, salvo casos excepcionais –-ex. enfermidades de longa
duración verificadas con informe médico-, se permita xustificar a ausencia. De non
acreditar dita asistencia mínima, o alumno/a quedará automaticamente excluido
do sistema de avaliación continua, debendo, por tanto, someterse ao sistema
de avaliación final.

2. Obter
unha cualificación de cinco ou superior como nota media ponderada que resulte das
cualificacións obtidas nos distintos bloques de probas que se realizarán
ao longo do cuadrimestre. Ao ser as probas obrigatorias a desenvolver liberatorias para as avaliacións de maio-xuño e xuño-xullo, esixiráselle
ao alumno/a, ademais, que nas distintas probas obteña unha
cualificación mínima superior a 4.

I. Avaliación maio-xuño:

A avaliación da
materia ou nota final será o resultado da suma das cualificacións
conseguidas nas seguintes probas obrigatorias:

Probas tipo
test (60% da nota final)
. Nas
datas que se concretarán no cronograma que se facilitará ao comezo do
cuadrimestre -aproximadamente nas semanas cinco, dez e quince do
cuadrimestre-, os estudantes realizarán tres probas tipo test de preguntas
pechadas de elección múltiple (sinalando unha resposta entre un número limitado
de posibilidades). As citadas probas tipo test incluirán preguntas de carácter
teórico (contidos propios das clases maxistrais) e de carácter
práctico (contidos propios de grupos medianos). Para aprobar a materia
por avaliación continua, a cualificación media dos tres test debe ser polo menos
igual a 5 e o alumno deberá obter nas tres probas tipo test unha
cualificación superior a 4.

Probas en grupos
medianos (20% da nota final)
. No marco dos grupos medianos, formularanse distintas
tarefas -casos prácticos, comentarios de sentenzas...…- que serán entregadas ou
expostas en clase segundo os prazos previstos no cronograma
previamente facilitado. Procederase á corrección das devanditas tarefas na
aula. Con todo, a efectos de cualificación, seleccionaranse dúas tarefas
–idénticas para todos- entre todas as formuladas.

Presentación/exposición
de traballos (20% da nota final)
.
O alumno/a realizará e presentará un traballo froito do estudo e investigación dunha temática concreta obxecto da materia.

O alumno que obteña unha
cualificación de 5 ou superior na avaliación continua e obtivese unha
cualificación superior a 4 nas distintas probas quedará exento do exame
final. Se o alumno ten suspensa algunha das probas tipo test cunha
cualificación inferior a 4 ou as probas en grupos medianos, poderá optar por ir
ao exame final, na data oficialmente prevista, con toda a materia ou
examinarse únicamente da parte suspensa, pero, neste último caso, a
cualificación final desa parte suspensa será unha media ponderada entre
a primeira cualificación –inferior a 4- (10%) e a obtida posteriormente (90%). En todo caso, se algún alumno, con motivo
suficientemente documentado e xustificado a xuízo das profesoras -–ex. ingreso hospitalario-, non puidese realizar algunha das probas na
data prevista, poderá examinarse desa parte noutra data
alternativa ou na convocatoria de maio sen penalización algunha.

 II.
Avaliación xuño-xullo
:

Se o alumno/a obtivese
unha cualificación superior ao 5 en algunha das probas
obrigatorias desenvolvidas durante o cuadrimestre (tipo test, grupos medianos
ou exposición de traballos) pero non aprobase a materia na
avaliación de maio por non obter unha cualificación media superior ao 5, poderá
conservar na avaliación de xuño-xullo a cualificación das probas
aprobadas. Neste caso, o estudante quedará exento na avaliación final,
na data oficialmente prevista, da proba ou da parte da proba
superada, pero, a cualificación final correspondente á parte suspensa será
unha media ponderada entre a primeira cualificación –inferior a 4- (20%) e a
obtida posteriormente (80%). No entanto, o alumno/a poderá optar por someterse
ao sistema de avaliación final.

En todo caso, a
nota obtida na avaliación continua non se conservará para convocatorias de cursos
académicos posteriores. O alumno/a deberá neses casos someterse a un novo proceso
de avaliación continua, agás que opte pola avaliación final teórica e
práctica.

2. Sistema de avaliación 
final.
O alumno/a que non cumpra os requisitos para acollerse ao sistema de avaliación
continua ou que opte por non facelo, terá dereito a ser avaliado en maio
e en xuño-xullo mediante exame final que represente o 100% da
cualificación na
materia. O citado exame final constará de dúas probas:

Proba de respostas de desenvolvemento
(80% da nota final)

Estudo de casos/análises de situacións
(20% da nota final)

Na convocatoria de fin de carreira,
o alumno deberá acollerse necesariamente ao sistema de avaliación final.

O exame final terá lugar,
nas convocatorias de fin de carreira e nas avaliacións de maio-xuño e
xuño-xullo, nas datas aprobadas en Xunta de Facultade e oficialmente
publicadas.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000