Guia docente 2012_13
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito penal e procesual de menores
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de tipo test Haberá dúas probas de tipo test, cualificadas cada unha delas de 0 a 10 puntos. A nota media de ambas probas constituirá o 50% da cualificación final (o outro 50% corresponde ao exame final)

Cada unha delas farase na data establecida polo profesor da materia.

Consistirán en preguntas sobre a parte correspondente do temario, indicado polo profesor.
50
Outras EXAME FINAL:

Consta de dúas partes: unha parte teórica (puntuada de 0 a 5 puntos) e unha parte práctica –caso práctico- (puntuada de 0 a 5 puntos). A suma total de ambas partes deste exame final representa o 50% da cualificación total.

Parte teórica: constitúe unha parte do exame final. As preguntas que o alumno debe desenvolver, formularanse sobre o temario da materia.

Parte práctica: constitúe outra parte do exame final. Consistirá na resolución dun caso práctico.
50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. Primeira oportunidade (maio).

a)
Ao comezo do curso, o/a alumno/a deberá manifestar a súa vontade de
acollerse ao sistema de avaliación continua. A tal fin, o profesor da
materia proporcionaralle un documento que o/a alumno/a deberá cubrir e
asinar.

b) O/A alumno/a que se acolla ao sistema de avaliación
continua, entregando o documento sinalado, será avaliado consonte aos
criterios previamente establecidos (50% probas tipo test- 50% exame
final) e non terá dereito a ser avaliado nesta oportunidade conforme a
un exame final que represente o 100% da cualificación na materia.

c)
O/A alumno/a que non cubra e entregue o devandito documento non terá
dereito a ser avaliado conforme ao sistema de avaliación continua,
puidendo realizar nesta oportunidade un exame final que constitúe o 100%
da cualificación na materia. O exame final consta de dúas partes: unha
parte teórica (puntuada de 0 a 5 puntos) e unha parte práctica -caso
práctico- (puntuada de 0 a 5 puntos).

2. Segunda oportunidade (xullo).

Consistirá para todos os alumnos nun exame final que suporá o 100% da cualificación na materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000