Guia docente 2016_17
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito penitenciario e penoloxía
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno debe desenvolver as solucións adecuadas ou correctas mediante a exercitación de rutinas, a aplicación de fórmulas, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados. Adóitase empregar como complemento da lección maxistral. 30 B2
B4
B5
B9
B10
Probas de tipo test Preguntas formuladas sobre o programa da materia, repartidas en dúas probas eliminatorias, de igual valor.
No caso de non superarse algunha das probas anteriores, o alumno/a deberá presentarse o exame final coa materia non superada.
70 B11
B13
C11
C12
C14
C15
C18
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1.ª oportunidade de exame (maio):

O alumno que queira acollerse ao sistema de avaliación continua deberá manifestar a súa vontade neste sentido asinando un documento que se lle presentará a tal efecto nas primeiras semanas de clase por parte do profesor.

O alumno que non se acolla á avaliación continua terá dereito a un exame final (na data e lugar aprobados pola Xunta de Facultade) que constará dunha pregunta de
desenvolvemento e 20 preguntas tipo test con catro alternativas e unha
correcta, no que haberá que responder correctamente polo menos a 15 preguntas. Este exame representará o 100% da cualificación.

2.ª oportunidade de exame (xullo):

Para todos os alumnos consistirá nun exame final (na data e lugar aprobados pola Xunta de Facultade) que constará dunha pregunta de
desenvolvemento e 20 preguntas tipo test con catro alternativas e unha
correcta, no que haberá que responder correctamente polo menos a 15 preguntas. Este exame representará o 100% da cualificación.

Convocatoria fin de carreira:

O alumno que se matricule na convocatoria de fin de carreira desta materia será avaliado conforme a un exame (na data e lugar aprobados pola Xunta de Facultade) que constará dunha pregunta de
desenvolvemento e 20 preguntas tipo test con catro alternativas e unha
correcta, no que haberá que responder correctamente polo menos a 15 preguntas. Este exame representará o 100% da cualificación.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000